ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

lingua, política e medo

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 13 Setembro 2013 @ 1:46 p.m.

 

Escribo esta anotación nunha paréntese do texto para a presentación de hoxe, en Esteiro, do libro da María Xesús. Porque me entrou medo. Explícome.

Cando escoito ou leo as manifestacións orais, as mensaxes, os textos que determinadas persoas do Parido Popular emiten, cáeme a alma ao chan. Non porque esgriman posicións políticas contrarias á que eu defendo. O debate sempre é rico porque obriga a pensar, a pensar e repensar. Mais que debate se pode establecer con Ana Botella, coa Cospedal, co Carlos Floriano ( alias “Luísma da política”, e o alcume non llo puxen eu…), coa Saénz de Santamaría, coa Sánchez Camacho, co mesmo Raxoi ou Feixó…? Sinxelamente: ningún. Ti escoitas esa sintaxe infantiloide, ese exíguo vocabulario, esa dicción vulgar, e pregúntaste qué ideas se poden transmitir nesas condicións. E a resposta é obvia.

 A sintaxe expresa a conxunción das ideas, a orde e xerarquización das ideas. Ben, pois vexan vostedes a sintaxe da señora Cospedal, non chega nin á altura de infantil. É tan desastrosa como a súa carencia de ideas. E que dicir da Botella, cada vez que fala un non sabe se o fai unha política ou unha humorista, cómpre un nivel cúltural ínfimo, absolutamente ínfimo, e moita cara, moitísima cara, para dicir o que di e que as colores se lle suban a quen escoita e non a propia Botella. E qué dicir do Floriano, o “Luísma”!

E as cousas non melloran se nos fixamos nas primeiras espadas en canto a responsabilidade política. Raxoi sente paixón polos xogos de palabras, e detrás deles agacha a súa carencia de ideas; gústalle especialmente o bizantinismo dalgúns xogos de palabras, na miña opinión; o seu vocabulario é escaso e a súa pronuncia un tanto ofensiva porque el sábeo e nunca procurou corrixila; e a sintaxe, malia os xogos de palabras, non pasa pretensiosa pois quere dar idea de complexa cando é bastante simple.

Esa carencia de lingua e de ideas é o que dá lugar á xustificación do insulto, á bravuconería verbal ( “dialéctica” non se lle pode aplicar) de Feixó, esa actitude chulesca que o achega máis a un mafioso ou chulo de discoteca que a un político da súa responsabilidade.

Todo iso é grave, en si. Porén o medo éntrame cando a raíz de suceso como o de onte en Madrid, cos fachas atacando a sé da Generalitat en Madrid. A carencia de ideas e capacidade dialéctica resulta moi semellante. A li;a que os separa   e’ tan delgada que asusta. Moito.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.