ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a vida antes do Golpe de Estado

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 19 Setembro 2013 @ 6:21 p.m.

A facultade de pensar, de razoar e establecer xuízos segundo os cales  guiarnos na vida, é unha das que nos fai humanos. Polo menos no eido abstracto, no das definicións, no categorial. Porque en canto descendemos un chisco, en canto nos circunscribimos á vida real, está claro que no teatro da vida só se representa unha farsa sen sentido. Sen sentido e de consecuencias moi negativas para vida das persoas que se comportan como seres humanos, é dicir: aquelas que pensan. Vexamos algúns exemplos.

Se miramos as penas impostas pola Audiencia Nacional aos independentistas galegos, algúns acusados de terroristas porque tiñan gasoliña na casa, e a comparamos coa permisividade, coa condescendencoa coa que foron tratados os neonazis que asaltaron a sé da Generalitat en Madrid, armados e con perigosos gases…A que conclusión chegamos?

Evidentemente non é o único caso. Evidentemente a criminalización  dos movementos socias de esquerda, é un feito absolutamente innegábel. Exactamente igual que a impunidade coa que se comportan as (extremas)dereitas, desafiando a quen haxa que desafiar, facendo o que lles peta, sexa legal ou non.

E non, señores esta vida que nos ofrecen non é vida, esta democracia que nos obrigaron (si, obrigaron e obrigan) non ten nada de democracia. Porque nunha democracia o primeiro a respectar é que os demais poden ter diferentes opinións ca nós, pensar disitinto e loitar por opcións vitais diferentes da nos. Que todos o poidan facer en igualdade de condicións é a base de calquera democracia. Calquera outro sistema, por moito que “tolere” votar cada catro anos non é máis que unha burda parodia, moi burda.

Están creando vostedes, señores Raxoi e Feixó, máximos responsábeis actualmente, as condicións para que se produza un levantamento popular da xente que aínda se considera humana. Non lle vexo outra saída, vostedes non a permiten. É o medo a que se descubra a súa inferioridade mental, moral, racional. Iso e as súas torticeiras intencións para coa xente de a pé, para escravizala sen remisión.

De ser á inversa xa estarían votedes dando outro Golpe de Estado, como en 1936, lembran?

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.