ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

sobre a boa literatura, o best-seller e a supervivencia

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 25 Setembro 2013 @ 6:37 p.m.

A equiparación entre best-seller e boa literatura non sempe é posíbel, máis ben poucas veces é factíbel. Porén tampouco se pode rexeitar así polas boas, ás veces pasa. Para que iso aconteza ten que se producir que a boa literatuta sexa accesíbel a un grande número de lectores, ou que un grande número de lectores posúan competencia lectora suficiente como para facer que as vendas dun título sexa lle apeguen esa etiqueta. Claro que o nivel lector medio adoita non dar para tanto… De momento non se pode pedir tanto, o que acontece é a lectura aínda se está propagando e consolidando entre os potenciais consumidores (que pouco me gusta esa palabra…), e iso non se pode facer desde niveis lectores que esixan unha competencie elevada.

É dicir, cantos máis lectores hai/haxa menos posibilidades se contemplan de que unha lectura literariamente esixente chegue a ser best-seller.

O que resulta urxente erradicar é a noción de que o moi vendido é porque rsulta de grande calidade. E que para ser best-seller se precisan un número determinado de vendas. 10.000 exemplares vendidos a nivel do Estado, non é demasiado para falar de best seller, mais entre nós si é abondo, por exemplo. Porque senón só as literaturas escritas en liguas moi faladas poderían ser best-seller, dando lugar a un fenómeno curioso: un título en galego igual foi lido por unha porcentaxe moi alta do lectorado galego, mais non dá acadado aqueles 50.000 venidos en castelán e parece que aquí fora pouco vendido.

Pénsese que non só o galego é lingua minoritaria. Pénsese no islandés, por exemplo no islandés. Pouco pasan de 300.000 falantes. E que cifra de vendas lles correspondería? Evidentemente dubidar da calidade da literatura islandesa é dunha memez isultante.

Ben é certo que as cifras de vendas da literatura galega podería ser moito máis elevada, se temos en conta o potencial lectorado da diáspora, así como aquel petencente a países onde vive algunha forma lingüística derivada do galego. Nin dúbida cabe de que o número de vendas e lectores se incrementaría considerbelmente, aínda tendo en conta a precariedade dalgúns deses países.

Porque, a ver, se eu, galego, son capaz de ler literatura portuguesa, brasileira ou angolana…sería estúpido pensar que os portugueses, brasileiros e angolanos non van dar lido literatura galega. E levamos suficientes anos de “democracia” ou anos de relación menos condicionada ca na ditadura. E esa, que non se fixera nada para iso, é unha das grandes vitorias do PP, da (extrema)dereita no illamento de Galiza com fórmula para a total e definitiva colonización. Pódense facer cousas a nivel privado. Poden. E algunhas fanse. Insuficientes.

Terémolo que facer sen apoio institucional, mais ben contra a súa belixerancia. Nin sequera se pode agardar moito apoio dos outros países a estas iniciativas, polo menso non tanto como deberan ou cumpriría. Porén non facelo equivale a un suicidio por anticipado. E  a eles tampouco lles vai alá moi ben sen nós…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.