ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Outubro, 2013

a vida como deus manda, segundo o PP

Posted: Xoves, Outubro 31st, 2013 @ 7:57 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a vida como deus manda, segundo o PP

-Catalugna será España, mentres madrileños, andaluces, estremeños,murcianos, galegos, vascongados, aragoneses, asturianos, cántabros, navarros… illeus e manchegos queiran. O que queiran os cataláns non importa. Son menos. Iso é a democracia. -Todo o que o PP di é verdade, s enon é certo é porque a oposición cerril teima en non querer crelo. -Cultura? A necesaria […]

conclusións do encontro da Federación Galeusca

Posted: Luns, Outubro 28th, 2013 @ 9:57 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en conclusións do encontro da Federación Galeusca

Reunidos en Pontevedra os días 25, 26 e 27 de outubro de 2013 os membros da Federación Galeusca en torno ao tema A literatura infantil e xuvenil. Propostas de futuro e adecuación a novos formatos, manifestamos: 1. A necesidade de continuar a apostar pola creación dunha literatura infantil e xuvenil que sexa viva, visibilizadora, cohesionadora, […]

cando o galego venceu o inglés

Posted: Sábado, Outubro 26th, 2013 @ 9:03 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | 3 Comments »

O que vou contar é verídico e aconteceu no remate dos oitenta, só variarei algunha localización e o nome da personaxe principal, porque ao mellor non lle gusta recoñecerse no narrado. Mary, escribía o  nome así, á inglesa e non dicía que era de A Coruña, aseguraba ser de The Coronge, non daba unha palabra […]

dúas cousiñas sobe a memoria, señores do PP

Posted: Mércores, Outubro 23rd, 2013 @ 9:19 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en dúas cousiñas sobe a memoria, señores do PP

Sei que a ningén do PP lle gusta a palabra memoria, prodúcelles arcadas, malestar xeral e unha tremenda diarrea mentañ. Mais agardo que cando se trate de memoria a curto prazo non se vexan tan prexudicados, a fin de contas a sáude é o primeiro, non, señores do PP? Non sei se decidirán ou non […]

o histericismo proParot

Posted: Martes, Outubro 22nd, 2013 @ 9:08 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, Sen clasificar | Comentarios desactivados en o histericismo proParot

Delinquir está moi feo, e matar é un das formas máis graves de delincuencia. Matar unha persoa é absolutamente abominábel, calquera forma de violencia é antihumana. E matar miles de persoas non volve esa abominación soportábel ou lexítima, apóñanselle os motivos que se lle apoñan. Non deixa de ser hipócrita que eses que se escandalizan […]

de Corín Tellado a Blue Jeans, crónica do despiste

Posted: Luns, Outubro 21st, 2013 @ 8:54 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en de Corín Tellado a Blue Jeans, crónica do despiste

Coa morte de Franco tamén coincidiu de certa maneira o declive final  das novelas de quiosco. Aquelas de Manuel Lafuente Estefaía e Corín Tellado, como abandeirados de coleccións para homes e para mulleres que tiñan mitos máis cultores. Lembro con agarimo cando había tendas nas que podías torcar exemplares lidos por outros sen ler, eu […]

o PP e as tentativas de canonización literaria

Posted: Sábado, Outubro 19th, 2013 @ 11:32 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o PP e as tentativas de canonización literaria

A relación do PP coa literatura é historicamente a crónica dunha incomprensión. A literatura remove conciencias e iso non lles entra na cabeza ás xentes do PP, que precisamente non saben nin queren atopar razóns nese/para ese remover de conciencias. Historicamente o PP, a dereita, fica á marxe desde a súa incomprensión, a menos que […]

poesía: cantos lectores?, que lectores?

Posted: Xoves, Outubro 17th, 2013 @ 9:19 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 4 Comments »

Seguindo co debate aberto por Chus Daranur no feisbu e despois recollido por Letra en Obras, coma sempre moi atentos, cousa que me comprace e quero salientar, a propia Chus sinalou os poucos lectores que ten a poesía. Pois ben, quero recoller esta derivación do tema porque eu non son nin moito menos pesimista. Certamente, […]

estética literaria e política

Posted: Mércores, Outubro 16th, 2013 @ 6:05 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Circula polo Feisbu un texto de Chus Daranur que parte dunha lectura en clave política da concesión do Nacional de Poesía a Álvarez Torneiro. Un texto para ter moi en conta, valente e claro. Pregúntase se a Academia, no caso de seguir presidida por Ferrín, presentaría o poemario de Álvarez Torneiro ou outra obra máis […]

crítica, política e literatura

Posted: Martes, Outubro 15th, 2013 @ 9:27 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en crítica, política e literatura

O primeiro de todo é a honradez. Un pode ser mellor ou peor, estar máis ou menos informado, ser máis ou menos culto, mais onde non pode haber déficit é ma honradez. O de Feixó é un exemplo: ten a desvergoña de dicir que Castelao non era soberanista (ibdependentista)….Home, o que eles trouxeron da Arxentina, […]