ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o PP e as tentativas de canonización literaria

A relación do PP coa literatura é historicamente a crónica dunha incomprensión. A literatura remove conciencias e iso non lles entra na cabeza ás xentes do PP, que precisamente non saben nin queren atopar razóns nese/para ese remover de conciencias. Historicamente o PP, a dereita, fica á marxe desde a súa incomprensión, a menos que algún autor se  bote nas súas mecénicas mans e esqueza a conciencia a cambio de que estómago e peto lle queden ben mantidos.

Non dan para máis. Nin os escritores que botan nas súas mans nin o PP, nina dereita. Eses escritores perden boa parte da súa credibilidade, por non dicir que a esfachizan toda. E o PP tampouco lles tira rédito ningín porque adoitan ser escritores que levan carreira en descenso acusado. Se os escritores teñenun pouco de cabeciña tratan sempre de se alonxar do PP, do seu control.

Un exemplo témolo en Caneiro, un exemplo ben actual. E aínda se lembra como Fraga quixo patrimonializar a Manuel Rivas, aló polos ´90. Claro que tampouco a dereita é a única nese afán. Velaí está tamén o caso de Suso de Toro e Zapatero, aínda que a relación non se establece nos mesmos termos exactamente, o escritor non perde tanta credibilidade, creo eu, mais esta tamén se ve afectada.

Tampouco é nada novo,esta relación dos escritores co poder sempre foi polémica e incluso diría que autodestrutiva. Desde Virxilio, se se quere mirar atrás. Porque o escritor, sen a independencia do seu punto de vista deixa de ser fiábel, vólvese un repetidor de consignas sociais paralizantes e/ou regresivas, xusto o contrario do que se agarda del: que estimule a loita por un mundo mellor.

( E seguirám sen entender as dereitas como a esquera ten boa relación coa literatutura. Seguirán sen ver que a esquerda asume as voces dos escritores como avanzada da análise social, a posteriori. Mentres eles non teñen esa capacidade porque o seu  é mirar para atrás, non para adiante)

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.