ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o histericismo proParot

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA,Sen clasificar — 22 Outubro 2013 @ 9:08 p.m.

Delinquir está moi feo, e matar é un das formas máis graves de delincuencia. Matar unha persoa é absolutamente abominábel, calquera forma de violencia é antihumana. E matar miles de persoas non volve esa abominación soportábel ou lexítima, apóñanselle os motivos que se lle apoñan. Non deixa de ser hipócrita que eses que se escandalizan porque a  anulación da lei Parot poña na rúa a etarras con delictos de sangue…non amosen a mesma contundencia condenando o franquismo, nin a mesma nin ningunha, ou os actos vandálicos perpetrados por agrupacións pronazis. Que, por certo, o franquismo matou a moita máis xente que todas as bandas armadas na historia de Ehpaña…

No medio da barafunfa escoitei unha portavoz da AVT pedindo que alguén lle explicara en nomede que principios  se anulou a lei Parot que pon na rúa a etarras. Velaí unha mostra de fonda incultura pregoada polos medios. Porque non resulta tan difícil a explicación. Calto que para entendelo cómpre admitir que os deincuentes, aínda que non o pareza, tamén son seres humanos e teñen dereitos. E que o cárcere non se debe concebir como unha medida represora, como unha forma de eliminar da sociedade a quen delinque, senón como unha medida reformadora de xeito que os presos non volvam delinquir.

Entre os dereitos dos presos está o de seren liberados cando remata o cumprimento da súa condena, que non pode ser eterna por moito que  a algúns lles gustara, non o permite a lei. De xeito que manter no cárcere a quen xa pagou a débeda coa sociedade, é inxuto e inmoral.

Ver na rúa a xentes que mataron doe, tamén a min me doe, igual que ver defensores do franquismo tamén me doe, aínda máis. Sendo que vén coincidir en moitos casos que defensores do franquismo ( xentes que se negaron a condenar os corenta anos posteriores ao golpe de Estado perpetrado por Franco) son os que agora tanto protestan polas excarcelacións que vai provocar a caída da doutrina Parot.

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.