ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a poesía e a revolución

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 28 Novembro 2013 @ 7:46 p.m.

Platón xa viu os perigos da poesía, e non dubidou en arrecantala. Desde entón a hoxe, a poesía, en concreto, a literatura e a cultura, hiperonimia in extenso crecente, non deixan de ser albo preferido da política e da relixión, constituíndose nos seus encarnizados detractotes. E por que?. Que mal fan a poesía, a literatura e/ou a cultura? Que se saiba nin a poesía, nin a literatura nin a cultura matou a ninguén. Que se saiba nunca en nome da poesía, da literatura ou da cultura foi privado da vida ninguén? Mentres a relixión a e política teñen as mans absolutamente cheas de sangue, unha listaxe das aberracións criminais das que son/foron directisimamente culpábeis poría os pelos de punta a calquera animal salvaxe.

Creo que ninguén dubidará da pertinencia e xusteza do que acabo de escribir.

Entón, como é que tanto a relixión como a política se impoñen á poesía, a literatura e a cultura? Un non ten máis que botar unha ollada na Lei Wert para comprobar como a relixión gaña peso, mentres o perde a filosofía, por exemplo.

E repito a pregunta, polas implicacións que dela se derivan, xa que é lícito e lóxico colixir que importa máis matar xente, no que a relixión e a política son auténticos especialistas, que cultivala e facer que a xente sexa máis humana, como fan a poesía, a literatura, a cultura.

Gravísimo. Ou non?

Durán/din outros que é unha simple cuestión de utilidade cotía. No día a día poñerse con disquisicións poéticas, literarias ou culturais non resulta útil. Óese así, en xeral, coma se das disquisicións relixión e a políticas se desprendera algún tipo de progreso!

Porque a humanidades está a se amosar tan estúpida como para entender por progreso posuír cada vez meirande número de obxectos máis caros, e refuga como un estorbo todo aquilo que lle proporciona un mellor coñecimento de si  mesma. Hai unha razón para ese refugamento. Unhas. Entre elas que ese coñecimento pode resultar doloroso.

Ornear queda guai se detrás está unha carteira ben chea. Os pobres, xa se sabe, emborráchanse, infelices xentes de pouco percorrido, mais un rico….dun rico dise “que alegre está o señor”!

A humanidade ten pouco de humana, e moito de estúpida.

Porén mesntres haxa quen aspire a algo máis existirá esperanza. Esperanza de revolución. *s poetas son xente valente.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.