ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Decembro, 2013

é Deus do PP?

Posted: Luns, Decembro 30th, 2013 @ 7:40 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en é Deus do PP?

-E non te pasarías un chisco coa preguntiña, rapaz? Imaxino que Deus é de todos ou quen queira acreditar nel? -Compréndeo, home, lexislan con tanta lixeireza sobre os asuntos terreais…que non queda máis remedio que desconfiar, que pensar que aí algo hai. Eles saben perfectamente cando un feto é unha persoa e cando non. -O […]

Posted: Martes, Decembro 24th, 2013 @ 6:00 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en

Hoxe todo é mentira. E mañá tamén. Cristo non naceu un 25 de decembro. A Igrexa  tampouco é a pedra filosofal da salvación. Todo o contrario, mantén secuestrado a Cristo eno seu nome comete atrocidades sen conto. Aliada co capitalismo, logrou facere destas datas unha auténtica celebración da hipocrosía e o cinismo. Até parece que […]

anxos sumai e o sabor das cousas

Posted: Luns, Decembro 23rd, 2013 @ 2:49 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en anxos sumai e o sabor das cousas

De todos os misterios do mundo, é o das palabras o máis complexo, o máis difícil camiñar malia empregármolas todos os días da nosa vida. Como explicar o efecto desas sílabas tántricas que poñen a un en contacto coa divinidade? Alguén descubriu a fórmula química exacta deses nomes, desas palabras, que che se desfán na […]

aínda seguimos aquí ( os libros e a literatura)

Posted: Venres, Decembro 20th, 2013 @ 3:22 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en aínda seguimos aquí ( os libros e a literatura)

Se a literatura é o grande milagre da humanidade, créanme que máis milagre é que sobreviva neste contexto de imbecilidade, da demencia das mentes opacas, de vulgaridade transformada en obxecto de culto que nos rodea. Pode entenderse esta anotación á luz da que onte escribía formulando preguntas que xogaban con títulos de libros. Pode. Porque […]

preguntas e algunhas respostas

Posted: Xoves, Decembro 19th, 2013 @ 10:08 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en preguntas e algunhas respostas

Cales son as raíces das túas fenda? Hai fisuras na túa vida? E territorios estraños? Cales son os territorios estraños da túa vida? A vida, ese catálogo de velenos. A vida que nos mata. A estraña estrela da vida que nos mata. E as cadeas? Hai cadeas na táu vida? Cales son esas cadeas? Cadeas […]

territorios estraños e nós

Posted: Mércores, Decembro 18th, 2013 @ 10:18 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en territorios estraños e nós

Áchome en plena lectura de Territorios estraños, poemario do poeta Ramón Sandoval, nado en Sober e afincado en Vigo. Práceme o título, que por outro lado coincide con outro do dominicano José Acosta, Premio Nacional de Poesía Salomé Ureña. Porque, en definitiva, a vida trátase diso, de identificar os territorios onde non te sentes á […]

os púlpitos da ignorancia

Posted: Martes, Decembro 17th, 2013 @ 7:05 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en os púlpitos da ignorancia

O mundo parece unha fábrica de bobos, desde que nos anos oitenta do pasado século a música elevara ao status de guai a estupidez pija, a estupidez nena de papá, mucha nena mona pero ningunha sóla luces de colores lo pasaré bien, a vanalidade máis absoluta elevada obxectivo vital, úica finalidade buen rollito e nada […]

outra volta co fracaso escolar.

Posted: Luns, Decembro 16th, 2013 @ 9:33 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en outra volta co fracaso escolar.

Teimando nas causas do fracaso escolar, agora que chego á casa despois de catro sesións de avaliación, nas que debes coidarte de falar o mínimo imprecindíbel que non pode deixar de ser dito ou aquilo remata nunha auténtica proba de resistencia física: catro horas sentado, sen case tempo par air ás necesarias. Porque a miúdo, […]

as tres letras perdidas e a españolidade

Posted: Venres, Decembro 13th, 2013 @ 7:30 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en as tres letras perdidas e a españolidade

Hai a quen lle chove, hai a quen lle chove MOITO dentro. Hai a quen lle chove MOITÍSIMO dentro e non mira de reparar as goteiras porque pensa que as casas non teñen teito. É o que lle pasa a Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. Puxérono a dirixir os Cuadernos de Estudios Gallegos, e […]

entender a Rosalía

Posted: Xoves, Decembro 12th, 2013 @ 7:52 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en entender a Rosalía

Andrea é unha moza de cuarto da ESO, boa alumna, máis que boa, alumna de notábeis altos ou sobresalientes, e boa lectora, darlle clase é unha gozada. Mais non entende a Rosalía. Doutro alumno podería desconfiar das razón que me dá, ou das súas motivacións, mais dela non. Dela non, entre outras cousas porque hoxe, […]