ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

entre o control absoluto (Anxos Sumai) e a liberdade incontrolada: fisuras e cadeas

A lúa da colleita foi a miña lectura da semana pasada, e a crítica xa a fixen e enviei ao Galicia Confidencial, emporiso todo me leva a querer continuar escribindo a redor da novela de Anxos Sumai. Ten iso, é das novelas que, como vulgarmente se di, métenseche dentro con vocación de non querer saír máis nunca. O que á súa vez ten virtualidade de que te sentes máis rico, de que sentes o teu mundo interior máis rico despois da lectura. E, sen dúbida, iso débese ao altísimo grao de empatía das súas personaxes e da escrita da propia Anxos Sumai.

Alén da loita polo control da propia personalidade entre Nuria e Bet, de dúas personaxes onde compadecemos unha (Nuria, e os seus esfrozos por recuperar o control, cousa que a Bet non lle importa) e non odiamos a outra (Bet, a manipuladora, a cruel, e tamén a fonte da que bebe a creatividade de Tomás Induvina), hai outra con tanta forza ou máis: Happy, quen lonxe de exercer un control absoluto sobre Lois (a súa parella, músico), ten instalada na súa vida a que podemos chamar liberdade incontrolada ou sensación similar que provoca o consumo de estupefacientes, ten a percepción do real condicionada máis ca polo consumo de estupefacientes polo feito de usar varias linguas na súa expresión ( isto por un lado é unha riqueza inmensa, e por outro representa unha aprehensión do real fracturada), e economicamente vive desafogada, sendo unha personaxe absolutamente positiva, desaas ás que lles tomas cariño case sen te decatar.

Na crítica sosteño a tese de que a novela nos devolve a emoción da vida. Nun mundo colonizado por historias holliwudianas onde as personaxes tantas veces traballan para algunha axencia gubernamental e van ter que esclarecer algún feito onde case sempre hai lagún morto polo medio ( é dicir, o ficticio é un mundo paralelo crado ex-profeso para o lecer, as historias do lecer adoitan estar poboadas por crimes ,detectives de toda caste, terroristas e demais…), nun mundo así Anxos Sumai devólvenos a emoción da vida. Por certo, unha constante, na súa obra.

E no medio, entre esa loita polo control e a liberdade incontrolada, algunha fisura ( Berta Dávila, e as súas fisuras en Raíz da fenda) encadéame á ctualidade socipolítica ( Xabier López López e as súas Cadeas, a vida como integradora de historias) onde a loita polo control absoluto deixa aberracións como a de que un partido político de implantación estatal leve tres crises en catro anos…e non pasa nada, nin que as provocaran!, con tal de ter o control absoluto. Ou onde desde o goberno pretrenden unha reforma fiscal que sobe o IVE (outra vez, e iso que antes se mobilizarn en contra cando gobernaba ZP) á vez que baixa o IRPF ( pero as grandes fortunas, as que evaden impostos, esas non se tocan!)….

Son fisuras que verquen o mundo real na afectividade do meu mundo interior. Tiña que ser ao revés. Tiña que ser a literatura quen abrira fisuras nese mundo descerebrado, así chegaría algo de intelixencia a un mundo no que, cada día máis, a estipidez nos goberna co control absoluto que só a ignorancia fai posíbel.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.