ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

aínda seguimos aquí ( os libros e a literatura)

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS — 20 Decembro 2013 @ 3:22 p.m.

Se a literatura é o grande milagre da humanidade, créanme que máis milagre é que sobreviva neste contexto de imbecilidade, da demencia das mentes opacas, de vulgaridade transformada en obxecto de culto que nos rodea. Pode entenderse esta anotación á luz da que onte escribía formulando preguntas que xogaban con títulos de libros. Pode.

Porque hoxe xurdiume unha nova pregunta: como é posíbel que sobreviva a literatura neste ambiente? Calquera alumno de 4 ESO sabe quen é Messi, calquera que atopes tomando o café che falará como un ilustrado de Víctor Valdés, porén xa será unha milagre que sexan quen de dicir o nome dun pintor actual, por exemplo.

E un bota man do libro de texto, e comeza a mirar os textos para comentario, e non para de alucinar. O nivel de caos chega a tal extremo que, nun libro de literatura, para que os escolares aprendan literatura, a propósito dun texto de Cabanillas, “Camiño longo”, as preguntas que guian o comentario teñen que ver coa lingua, co aortografía, co contido léxico, coa sintaxe, coa historia ou coa historia literaria. E NINGUNHA, ABSOLUTAMENTE NINGUHA, coa literatura ou coa poesía. ABSOLUTAMENTE NINGUNHA. 

Subxace aquí o prexuízo de considerar que a literatura é a historia da literatura. Nada máis falso.

E dúas desorientacións, a habitual á hora de comprender o feito poético. E a posterior aos vellos comentarios de texto, que en realidade só eran safaris á caza de figura sliterarias.

Porén, a peor desorientación non é ningunha desas. Declárase sen ningún tipo de disfraz desde o momento en que non hai ningún curso da ESO habilitado para explicar ao alumnado o feito literario, habilitado para que sexan capaces de comprender a complexidade e marabilla do feito literario. Todo vai a golpes. Agora estes dous aspectos, no curso seguinte aquelas características poéticas…de maneira que o alumno nunca integra cada unha desas informacións na casa común do feito literario.

Non é nada doado facelo peor. Sinceramente.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.