ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Suso de Toro e o nacionalismo

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 27 Xaneiro 2014 @ 7:06 p.m.

Que si, que son eu un dos sorprendidos pola fichaxe de Suso de Toro pola fundación Galiza Sempre. Sorpendido. E moito. Sempre foi o Suso persoa qque gustou de dar a a súa opinión, e sempre me praceu lela, por máis que ás veces estivera equivocada é de admirar quen ten opinión e se atre a compartila. Fóra iso, non se me vai da cabeza algunha das súas opinións, como por exemplo aquela tese oitenteira segundo a cal a literatura galega non debía ser nacionalista.  El era un dos que a mantiña, se non lembro mal. E non deixa de ser curiosa esa opinión segundo a cal a galega ten que ser diferente ao resto de literaturas do mundo, pois non hai unha que nono sexa. Máis inclusive, a literatura castelá sempre gastou os seus bos cartos en ser belixerantemente nacionalista.  Alguén lembra o nome de José María Pemán? Alguén esqueceu os cartos que, nos Séculos de Ouro foron pagados para que os escritores falaran mal de Galicia?

Evidentemente, o que non podía nin pode é ser exclusivamente nacionalista, iso empobreceríaa moito. Mais iso é outra cousa.

Non quero, porén, continuar este argumentario senón referirme a outra cousa. Que o ideario político de Suso de Toro casaba parcialmente, só parcialmente, co nacionalismo, é ben coñecido. E que a súa voz rebelde sempre foi estimada entreo nacionalismo, con máis ou menos intensidade, tamén é ben sabido.

Se a actual crise derivou a Suso de Toro deica posicións nacionalistas éme unha incógnita que o tempo, coma con  todo, certificará ou non. Dunha persoa intelixente sempre se debe agardar evolución, e non cabe dúbida de que Suso de Toro éo. Porén eu teño medo doutra cousa- Digo que temo outra cousa porque non me gustaría que a cousa saíra mal. Tampouco nas palabras de Suso de Toro vexo eu convencemento nacionalista, senón  simple reacción contra o centralismo. E aí vén o meu temor: que o BNG se afanara en empatizar coa voz díscola, permítaseme este cualificaivo, de Suso de Toro, por vontade propia e non porque houbera unha aproximación entre os dous idearios. Ao BNG vénlle ben este “aperturismo”, segundo algunhas opinións, o que xa dubido é que ao nacionalismo do BNG lle veña tan ben. O tempo o demostrará.

Agardo que os meus temores se equivoquen, e que a ansia por empatizar co  outro non leavara o BNG a tomar unha decisión precipitada por excesivamente optmista. Ten pasado tantas veces!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.