ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Febreiro, 2014

Arthur e o galego negado

Posted: Venres, Febreiro 28th, 2014 @ 7:15 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Arthur e o galego negado

Arthur chegou este ano, vén da zona de Valencia, veu co seu pai, que é galego. Arthur pediu exención en galego, tiña dereito. Mais Arthur nunca refugou facer o mesmo traballo que os demais alumnos. Mesmo chegou a escribirlle un precioso poema á súa nai, en galego. Curiosamente, en galego vaille moito mellor ca noutras […]

a “fórmula” criminal de Luar e a música escondida

Posted: Xoves, Febreiro 27th, 2014 @ 7:46 p.m. in MÚSICA | Comentarios desactivados en a “fórmula” criminal de Luar e a música escondida

Falou hoxe Montse Prado da “fórmula secreta de Luar”. Non é o noso obxectivo escribir sobre a fórmula, de todos coñecida, senón dos seus efectos. Porque o tempo institucinalizou de tal xeito o Luar que os seus detractores teñen a boca pechada. Non coñezo defensores da fórmula Luar, si xente que que o atura exactamente […]

roteiros da dignidade polos lugares dos paseos fascistas

Posted: Mércores, Febreiro 26th, 2014 @ 7:06 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en roteiros da dignidade polos lugares dos paseos fascistas

Son moitas as cousas que un entende dificilmente e que teñen como núcleo o Partido dos Petrimetres. Como que non acepten leccións de ninguén cando teñen tanto por aprender. Como que se presenten á cidadanía como paladíns da transparencia a pesar de que cada día que pasa saen á luz novas implicacións de ppeppeiros en […]

da irrelevancia cultural e intelectual dos políticos

Posted: Martes, Febreiro 25th, 2014 @ 7:30 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en da irrelevancia cultural e intelectual dos políticos

É tan difícil entender que unha sociedade en que a uns lles vai moi ben tamén e a outros moi mal é unha sociedade inxusta? É tan difícil entender que entón teremos que traballar por unha sociedade máis xusta e igualitaria? É tan difícil entender que a actual crise esconómica puxo de manifesto a insolidariedade […]

as mafias da cultura galega

Posted: Luns, Febreiro 24th, 2014 @ 9:38 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en as mafias da cultura galega

Dicir que non existen é mentir. Das tres acepcións que a RAG dá, é obvio que as dúas primeiras se auto exclúen porque aquí non falamos de organizacións criminosas. Mais a terceira si é válida: “Grupo que protexe os seus propios intereses utilizando medios ilícitos ou inmorais” Hóubooas, hainas e haberaas. Desde sempre, desde a […]

mafias culturais e mafias anticulturais

Posted: Xoves, Febreiro 20th, 2014 @ 7:29 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en mafias culturais e mafias anticulturais

Se as mafias en si son un dos fenómenos máis preocupantes da sociedade porque inutilizan calquera forma política en nome dunha fidelidade que só ten algunha semellanza coa ditadura, e ademais tal fidelización lógrana desde a intimidación e o impedimento de calquera tipo de comportamento individual previamente non aprobado pola chefía mafiosa. As mafias culturais […]

sobre os ataques contra a AS-PG

Posted: Mércores, Febreiro 19th, 2014 @ 9:22 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | Comentarios desactivados en sobre os ataques contra a AS-PG

Léoo e quedo pampo: •A Asociación Socio-pedagóxica Galega, ubicada na Coruña, percibiu dende 2008, subvencións anuais nominativas para gastos de funcionamento e actividades, mentres Gómez Besteiro castiga a agrupacións e concellos da provincia •Nomes que figuran na conta xustificativa da subvención coínciden con concelleiros e membros de listas electorais do BNG ao longo da comunidade, […]

o can que non entendía o castelán

Posted: Martes, Febreiro 18th, 2014 @ 9:50 p.m. in LINGUA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en o can que non entendía o castelán

Volvía eu cara a casa cando pasou o que pasou e agora lles vou contar, xa sentado diante do computador en que escribo. Dúas mulleres, unha delas aínda moza, avanzaban cara a min paseando dous cans á beira das ruidosas augas do río. Cando un dos cans, que debía ir fervidiño de quentura, o pobre, […]

usos, funcións e perversión ( na literatura e na vida)

Posted: Luns, Febreiro 17th, 2014 @ 7:37 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en usos, funcións e perversión ( na literatura e na vida)

Di o libro de texto que as funcións da literatura conssiten en a) ser fonte de gozo estético e individual b)transmisión de coñecementos intelectuais e históricos c) estimular a fantasía e os soños d) propagar a cultura grupal e) ser instrumento de identificación nacional f) compromiso ideolóxico Na vida…Déixémolo polo momento, igual acababamos caendo nalgún […]

o dereito a ser así

Posted: Venres, Febreiro 14th, 2014 @ 7:07 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o dereito a ser así

(A xente que din, que din que está corda, estona patacas ou pranta cebolas…) -Que si, tío eu son  así, son así e teño dereito a ser así. E penso que o aborto é como matar, si, como dixo esa do PP, os abortistas son o mesmo que os terroristas, tamén matan, a min sáeme […]