ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

relacións entre a xustiza e a literatura, coa sociedade como testemuña

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 4 Febreiro 2014 @ 7:14 p.m.

A sociedade, e sobre todo os axentes sociais, deberían preocuparse máis polos temas que son tratados na literatura e como estes son tratados. Tanto a súa ausencia como a súa presencia son tremendamente significativos, pois expoñen as relacións que a sociedade mantén tanto coas cousas, como coas persoas e os entes por estas creados. Mais, no canto de preocuparse destérraos ao eido da ficción ou das “cousas propias da imaxinación desacerbada e caprichosa, polo tanto con mínima relación coa realidade” . Non se pode estar máis errado, ignorar os síntomas da enfermidade ninguén o fai cando de trata de enfermidades e isto non é difeente.

En particular, dentro do conxunto social, hoxe quero escribir sobre as relacións entre o estamento xudicial e literatura, coa cidadanía, coa xente de testemuña.

Existen esas trelacións?, preguntarase alguén. Existen, claro que si, se queren botar a vista atrás, desde a mesma mitoloxía. E non deixaron de manifestarse ao longo historia, con máis ou menso intensidade. Sempre sen deixar de presentar a xudicatura rodeada pola aura de inviolabilidade ou intanxibilidade propia da verdade universal, cando as verdades universais sempre están suxeitas á continxencia e polo tanto a perderen a universalidade. Quen pode manter hoxe que o planeta Terra é plano e despois da fin do mundo se cae nun abismo? Pois foi verdade universal até hai nada, tendo en conta a cantidade tempo que o home pode levar de existencia.

Particularmente desde o século pasado e desde plataforma preferente da novela negra, a xustiza tende a aparecer na literatura como bastante inxusta, como fonte de inxustizas. Sendo xa tópico temático, neste caso da novela detectivesca ou policial, que as actuacións son acordes co que se entende vulgaemente por xustiza…só até que os xuíces entran en xogo, pois entón deixan en liberdade criminais ou impoñen penas risíbeis. Ou non?

A actualidade tráenos un deses casos totalmente acaídos, con esa sentenza que condena a tres anos de prisión a dous sindicalistas. Unha sentenza absolutamente inxusta, e tremendamente parcial por canto sacrifica o interese xeral en nome do interese particular de quen neste momento detenta o poder político.

Fixáronse, contra os dereitos dos traballadores, argumenta a sentenza!

Evidentemente quen ditou a sentenza non defende os intereses dos traballadores, que tentaba facelo eran precisamente os condenados!, tentar defender os traballadores é o único crime que se lles puido probar a eses dous sindicalistas.

Sigan así. Sigan. Chegará o día en que ninguén acredite en vostedes. Medo terémosllelo, non é para menos, coma a unha enfermidade mortal, mais o creto que deberanb ter, e  aseguranza que vostede snos deberían garantir, hai xa tempo que non son deste mundo.

1 comentario

  1. Vinicius Lucena:

    Olá,
    agora há pouco adicionei um comentário a este post referente à adição do dicionário bab.la na sua lista de links úteis. Não havia visto que o mesmo já se encontra lá.
    Gostaria de pedir desculpas pela mensagem anterior e agradecer à inclusão do link.
    Desejo-lhe uma ótima semana.
    Atenciosamente,

    Vinicius Lucena
    Equipe bab.la

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.