ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Rocío Mosquera e a (in)explicábel dimisión de Ferrín

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 13 Febreiro 2014 @ 2:39 p.m.

Non hai máis que agardar. As cousas acaban pasando. E as simetrías, os paralelismos entre o que motivou a dimisión de Ferrín ( aquel “escándalo” de que unha filla e o seu compañeiro traballaran para a RAG) e o caso da promoción profesional do marido de Rocío Mosquera…son, máis que notábeis, fondamente significativas.

Lembrará, o fiel lector desta Ferradura, que o meu apoio a Méndez Ferrín nunca fraqueou. Sigo  pensando que Méndez Ferrín, no pouco tempo que durou á fronte da RAG fixo moitísimo máis que pola lingua  e pola cultura que un bo feixe de presidentes anteriores, e seguramente máis do que fará o actual rexente aínda que botre vinte anos. As actuacións de Ferrín sempre foron decididas, consecuentes e plenamente conscientes do valor que teñen a lingua e a cultura galegas. Apliquemos ese criterio rasante, ese criterio na mensura, e véxase cantos foron merecentes de ocupar tal cargo.

No caso Mosquera nonse trata de calquera cousa, non son contratos-bolseiro é o ascenso a Xefe do Servizo de Cirurxía do CHUS . E se antes de sospeitaba que Ferrín influíra para que os dous mozos traballaran para a RAG, tampouco se pode deixar de sospeitar que Rocío Mosquera influíu, contando, para máis, co aval que supón o feito de que o TSXG atopara nese ascenso unha desviación de poder e unha falta de motivación clamorosa nunha das fases do proceso. Xa non somos nós, os eternos malpensados ( como eles nos consideran), dío a TSXG.

Sempre me pareceu unha estupidez que Ferrín tivera que dimitir por iso. Que pasa?, é que non podmeos traballar para nós mesmos e sempre o temos que facer para o “inimigo” e así estar nas súas mans? Non atopei inmoralidade suficiente no caso Ferrín. Inmoralidade, que non é criterio suficiente para pedir dimisión. No caso Mosquera xa non se fala de inmoralidade senón de inxustiza, que é ben distinto,

Nós non podemos autoesixirnos ser compendios de moralidade exquisita mentres os demais ( véxase a reacción de Feixó defendendo a Mosquera ) pasan pola entreperna iso da moralidade, mesmo iso da xustiza.

O lóxico sería que eles deran sido, deran actuado coa corrección moral nosa, si, mais é estçupido defendernos con tiracantos mentres eles estoupan día a día bomba atómica do desprezo pola xustiza e a moralidade. Resulta estúpido.

Igual que estúpido resulta que agora teñamos un rector da RAG que tiña que aproveitar a oportunidade porque  ou era agora ou xa non ía ser nunca. E non digo nada que non saiban moitos académicos.

Unha cousiña máis. Examínese o papel dos medios de comunicación no caso Ferrín e no caso Mosquera. Mentres se amosou belixerante con Ferrín, dando espazo e oportunidade aos seus detractores, obsérvese a decidida aposta por dar cobertura e púlpito á defensa do indefendíbel caso Mosqura.

Vergoñento. Palmariamente vergoñento, inmoral e contrario á ética xornalística. A calaquera ética.

 

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.