ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a “fórmula” criminal de Luar e a música escondida

Filed under: MÚSICA — 27 Febreiro 2014 @ 7:46 p.m.

Falou hoxe Montse Prado da “fórmula secreta de Luar”. Non é o noso obxectivo escribir sobre a fórmula, de todos coñecida, senón dos seus efectos. Porque o tempo institucinalizou de tal xeito o Luar que os seus detractores teñen a boca pechada. Non coñezo defensores da fórmula Luar, si xente que que o atura exactamente igual que unha doenza endémica da que  ás veces se fai algunha broma por non chorar.

Mais o certo é que Luar é cómplice activo no agochamento, no soterramento, no ocultamento da realidade musical galega, da vitalidade musical galega. Cómplice activo, e histórico porque xa son varias as xeracións que ocultou.

Dirán que non, porque de vez en cando aparece algún representante da música máis nova. Porén aparece sen xeito, sen correlación case coa actualidade musical galega, que ten unha vitalidade da que non transperentan nin a décima parte. De feito o Luar, polo menos no que eu vin, só algunha vez creo sinerxia coa actualidade musical galega, que eu lembre, alá polos anos ´90 do pasado século. Non hai comparanza entre o que agacha/agachou e que nel se viu/ve.

Contrasta o seu ocultamento coa receptividade que en realidade ten a música galega máis nova. Sen ir máis lonxe: onte, que tiven cinco minutos no recreo, fun ao coche e collín algúns dos cd´s que nel ten Ivo. Volvín entrar no instituto e, nada máis entrar, varios alumnos  intersáronse pola música que eu levaba nas mans e as peticións para que llela prestara obrigáronme a coller un folio e anotar os seus nomes nunhs listaxe de quendas.

Que múisica era?

Pois

-o Jard Rock con fe dos Heredeiros ( Hoxe, ao entrar na aula dun curso, recibíronme cantando partes de dúas cancións)

-Zënzar ( Disparados ao futuro, creo)

-Sés ( o primeiro disco)

-Liviao de Marrao

-Nao ( último disco)

Hai anos que lles paso música aos alumnos, moitos anos. E sempre, sempre, consigo que entre as cancións máis populares entre eles haxa algunha galega. Sempre.

Non sei cal será este ano, teño varias candidatas. Mais a cara de alegría que se lles pintou cando viron cosn cd´s na man, esa cara de alegría, esa cara de alegría vale tres mundos, medramos todos: eles e tamén eu

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.