ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Arthur e o galego negado

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,LINGUA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 28 Febreiro 2014 @ 7:15 p.m.

Arthur chegou este ano, vén da zona de Valencia, veu co seu pai, que é galego.

Arthur pediu exención en galego, tiña dereito.

Mais Arthur nunca refugou facer o mesmo traballo que os demais alumnos. Mesmo chegou a escribirlle un precioso poema á súa nai, en galego. Curiosamente, en galego vaille moito mellor ca noutras materias. A pesar de que non ten nin libro. O pai négase a merecarllo. Así de claro: o pai négase a comprarllo. Unha vez trouxo varios temas fotocopiados do libro, xa pasaron. Agota dá xenio velo na clase, traballando coma todos os demais aínda que el teña que facelo mirando polo libro da compañeira de atrás. Dá xenio. Acende o xenio.

Estouno vendo que o pai, a quen non coñezo, é deses que opinan que o galego non serve para nada, que é prescindíbel, totalmente prescindíbel. Aínda que o expediente académico do seu fillo mellorara considerabelmente se se incluíse nel o galego, porque é en galego onde obtén as mellores notas.

Estouno vendo, o pai debe ser deses que non queren que o fillo saiba máis ca el.

Prodúceme unha mágoa inmensa.

E cantos máis haberá coma el?

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.