ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Marzo, 2014

Os Gotten e os libros intelixentes

Posted: Luns, Marzo 31st, 2014 @ 5:56 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Os Gotten e os libros intelixentes

Ás veces, cos libros, pasa coma na  Biblioteca da Iguana da Xosé Miranda coas palabras, que desparecen, aparecen e transmútanse. A fin de contas, un libro vén sendo un mar de palabras ordenadas. E a min pasoume onte. Chegado de Ourense ás 12 pasadas, a onde fora por ver o partido de fútbol que xogaba […]

os candados da realidade

Posted: Venres, Marzo 28th, 2014 @ 6:55 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en os candados da realidade

Deambulo pola semana mentres trato de establecer o tema en que asentará esta anotación. Quédanme sobre todo as palabras dun alumno meu, Damián, 2º ESO, despois de ler o Recinto gris de Ledicia Costas. A Damián gustáralle moitísimo, non perdeu ocasión de dicirmo e despois de contarllo á María Xosé, a miña compañeira de departamento: […]

da filosofía á rebeldía

Posted: Xoves, Marzo 27th, 2014 @ 4:09 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en da filosofía á rebeldía

Pregúntase Carlos Lema en A música das esferas pola orixe do coñecemento, que é como preguntarse pola orixe das cousas, xa que só existe aquilo que coñecemos, o demais é coma se non fora, coma se non existirá. Coma se. Porque o poeta sabe que é precisamente o que non existe o que igual certifica […]

dúas certezas e sete dúbidas, para empezar…

Posted: Mércores, Marzo 26th, 2014 @ 7:09 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en dúas certezas e sete dúbidas, para empezar…

Téntase zarzuelizar os nosos mozos e mozas, e á marxe da voz desta Ferradura ningunha outra censura ou debate escoitei. Tourifícannos, zarzuelízannos, xa pouco falta e o cocidito madrileño substituirá o noso cocido de sempre, despois bailaremos chotis en lugar de muñeira e iremos ao tablao flamenco en lugar da festa do patrón. É a […]

subxéneros teatrais: a perversa lexitimación da zarzuela

Posted: Martes, Marzo 25th, 2014 @ 6:59 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Hoxe botei parte da mañá explicándolles a alumnos de bacharelato que estudar non consiste en chapar todo o que traia o libro, independentemente do que o profresor diga na aula. O motivo, entre os xéneros teatrais o libro abre un apartadiño para mentar “xéneros musicais” e  entre eles meter a ópera, a opereta e a […]

os lodos da sublimación da hipocrisía

Posted: Luns, Marzo 24th, 2014 @ 6:45 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en os lodos da sublimación da hipocrisía

Os niveis de hipocrisía que pode acadar a sociedade de hoxe en día acadan cotas nada doadas de tolerar para unha persoa habituada a se conducir cun mínimo de rigor e a esixilo tamén nos demais. O que está pasando con Adolfo Suárez é outro exemplo máis. Pouco máis que o elevan á categoría de […]

o que ensinan as novas vidas

Posted: Xoves, Marzo 20th, 2014 @ 2:51 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en o que ensinan as novas vidas

Hoxe que se abre a bitácora de Maternosofía a Editorial Galaxia, apetéceme moito reflexionar a cerca do que case se pode ir alcumando como un nicho narrativo novo.  O daqueles títulos que reflexiona sobre  a maternidade,   a paternidade ou, como suxire o título desta anotación e tamén o título do libro de Inma López Silva, […]

Posted: Martes, Marzo 18th, 2014 @ 7:51 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en

1) Cre vostede que está ben que un profesor recomende un libro “para desobedecer”? 2) Cre vostede que tamén é necesario desobedecer? 3) En que casos xustificaría a desobediencia? 4) Sabe vostede dalgún libro que xustifique a desobediencia? 5) A min recomendáronme un libro para desobedecer, cre vostede que o profesor/profesora actuou responsabelmente? 6) Cales […]

dous libros para desobedecer

Posted: Luns, Marzo 17th, 2014 @ 6:59 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en dous libros para desobedecer

Ben avisou  Antón Lopo coa súa Obediencia . Evidentemente non foi el só. A literatura está ben surtida de títulos que alertan das consecuencias do seguidismo cego, da carencia de perspectiva crítica propia. Mais todos os días hai que recuncar na chamada de atención sobre estes títulos. Todos. O cal proba que o universo lector […]

pasou así ( pasa así, tantas veces)

Posted: Venres, Marzo 14th, 2014 @ 9:49 p.m. in LINGUA | Comentarios desactivados en pasou así ( pasa así, tantas veces)

Unha muller, a súa filla e o mozo da súa filla agardaban diante do pequeno mostrador cando nós chegamos. A nai esforzábase en serlle simpática ao mozo da filla e este esforzábase en caerlle ben á nai porque a filla era a súa moza  e xa se sabe. Chocoume que a filla sempre empezaba falando […]