ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

os egos e as mafias na cultura

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 10 Marzo 2014 @ 3:33 p.m.

A cultura, e dentro dela a literatura,  presta múltiples servizos á hora da conformación da personalidade; concretamente é daspoucas cousas que contribúen á (re) configuración da personalidade xa en edultos. Mais tamén é un nicho moi propicio para a o cultivo de egos desmedidos. Exemplos hai moitos máis dos que cabería desexar.  A min non deixa de parecerme un síntoma de escasa intelixencia, cando determinado autor cre que da súa pluma só poden xurdir alquimias verbais incomparábeis. É unha maneira de facer de menos os demais; este tipo de autores adoitan xustificar as súas excelencias menosprezando o discurso dos demais…e iso, ademais de feo, é moi pouco intelixente.

Tamén teño que dicir que a crítica contribúe neste proceso. E é algo no que se debe ter moito coidado aínda que só sexa polo ben da literatura. Pois cando un autor se endeusa adoita caer en picado. Eu xa non penso nese autor en particular, senón  no ben da literatura, nos lectores.

A partir de aí, ese autor reclama por un lado ou por outro, un reducto de poder que certifique a súa preeminencia. Na literatura igual que en calquera outra arte. Esquecendo por completo algo que é, hoxe por hoxe, de importancia decisiva: renovarse, perfeccionarse.

De aí chegamos ás mafias moi sinxelamente e con toda naturalidade. Mafias que, na nosa realidade cultural, adoitan estar formadas por un ego desmedido e unha corte maís ou menos numerosa de aduladores, de pasamáns. De xeito que, en pleno século XXI atopamos unha radiografía cultural moi semllante á medieval: o pope dirixindo satélites ou vasalos cuxa meirande pretensión é ter contento o seu señor, un señor que, por outra banda, se conforma con ese papele de “director espiritual”…e así é ben difícil que haxa progreso, aggiornamento, avance.

As mafias son, tanto na cultura como fóra dela, o inimigo máis grande do progreso. Síntoma de estancamento cando non de involución. Porque a finalidade dunha mafia vén estribando en manter as relacións de poder, todo o demais élle pura superficialidade.

Os dous mellores escritores que lin na miña vida nunca publicaron nada, ambos e dous foron machacados por mentores que en lugar de promover a expresividade dos novos…se adicaron a facer porque eses autores novos non os superaran a eles.

1 comentario

  1. Mon:

    Que atinado e xusto!

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.