ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

os lodos da sublimación da hipocrisía

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 24 Marzo 2014 @ 6:45 p.m.

Os niveis de hipocrisía que pode acadar a sociedade de hoxe en día acadan cotas nada doadas de tolerar para unha persoa habituada a se conducir cun mínimo de rigor e a esixilo tamén nos demais. O que está pasando con Adolfo Suárez é outro exemplo máis. Pouco máis que o elevan á categoría de heroe. Quen? Os que o tumbaron. Os mesmiños que o tumbaron, co Bobón á cabeza cando seguramente sentir o seu abandono foi a causa da dimisión de Suárez. O PSOE ten razóns para adoralo, despois de gobernar o UCD estaba claro que volver ao de vello era retroceder nas conquistas democráticas, e cando dimitiu deixoulles o camiño despexado. Non o entendo tanto en Iquierda Unida, herdeiros do PC, Suárez asegurouse ben de que tiveran pouca chance electoral antes de legalizalo, os mass media fixeron o resto. O PP, que imos dicir?, pois a desfeita de UCD nutriría unha Alianza Popular moi desgastada pola imaxe de herdeira do franquismo. Todos eles o abandonaron, o criticaron e lle fixeron a vida imposíbel. E agora deusifícano. Deusifican o que é directamente culpábel de moitos problemas que hoxe temos, como a vertebración do estado con comunidades que nunca soñaran nin aspiraran a tal cousa mentres outras como Galiza tiveron que manifestarse para non ser de segunda.

Porén o máis grave é que ese ambiente social hipócrita é o que provoca despois noticias como a de que non se vexa violencia machista no asasinato dunha prostituta,  as razóns dan risa, sinceramente. Ou que se deixe sen sanidade pública  o bebé de dosu emigrantes con papeis. Ou que se copie o catálogo dunha empresa para que ninguén poida competir con ela. Ou que se organice unha carísima exposición, con cartos públicos, para satisfacer intereses privados e acadar un  estado de opinión pública favorábel a eles.

E aínda haberá quen diga que eu son demasiado esixente!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.