ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Abril, 2014

o acoso psicolóxico, a carta branca dos políticos e o teorema do macaco infinito

Posted: Mércores, Abril 30th, 2014 @ 5:27 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o acoso psicolóxico, a carta branca dos políticos e o teorema do macaco infinito

Puxo de actualidade un partido político, alá polos 90, do pasado século, teoría e práctica do desprezo a quen non participa do mesmo pensamento polítioo, social, e cultural que o goberno e partido político que o habitaba : PP. E tivo aplicados e entusiastas seguidores que, non contentos con iso, deron un paso máis, o […]

sobre o libro dixital escolar

Posted: Martes, Abril 29th, 2014 @ 6:08 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en sobre o libro dixital escolar

  Como todos sabemos a Consellaría de Educación está tratando de introducir o libro de texto dixital no ensino, en principio dun xeito experimental e baixo solicitude. Polo momento a Consellaría non afondou nun proxecto que está a provocar máis contestación da que eles agardaban. E non só por iso, a título persoal dáme a […]

un cantalingua moi polémico

Posted: Luns, Abril 28th, 2014 @ 6:09 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | 1 Comment »

Escribir disto é que menos quere un. Porén, ás veces non queda outra. Porque os participantes merecen un mínimo de respecto. Non é nada doado facer un tema musical, cómpre inspiración, saber de música e moito traballo, moito. Así que o lóxico é agardar, pola parte convocante, un mínimo de seriedade, aínda que só sexa […]

a realidade e a ilusión (Berta Dávila e Anxos Sumai: Premios da Crítica)

Posted: Venres, Abril 25th, 2014 @ 6:33 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en a realidade e a ilusión (Berta Dávila e Anxos Sumai: Premios da Crítica)

Hoxe facíame ilusión escribir sobre a censura da realidade que os medios practican. Hai xa tempo fixemos un seguimento diario da censura en La Voz de Galicia. Hoxe é unha data especial. 25 de maio sempre na miña memoria será día de sol e caloroso. Fóra está chovendo mais na miña cabeciña calquera 25 de […]

as preferentes e a filosofía

Posted: Xoves, Abril 24th, 2014 @ 9:17 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, Sen clasificar | Comentarios desactivados en as preferentes e a filosofía

Agardo, car+s lector+s, que o título desta anotación vos creara o suficiente interese para acompañarme nunha aventura intelectual, nesta aventura do raciocinio, que non sei como rematará. Que relación pode haber entre as participación preferentes, esa estafa bancaria, e a filosofía? Desde o século XIX a hoxe o mundo mudou moito, moitísimo e particularmente no s. […]

guión, libre e vertixinoso, para unha historia da ignorancia ( co libro e a lectura de fondo)

Posted: Mércores, Abril 23rd, 2014 @ 8:18 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en guión, libre e vertixinoso, para unha historia da ignorancia ( co libro e a lectura de fondo)

  O coñecemento do mundo resulta esencial para o desenvolvemento da vida humana. Vivimos no mundo, sinxelamente, e descoñecer onde vivimos revélase como o mellor método que leve ao suicidio que supón desnortamento vital. Nun primeiro momento da historia da humanidade, o coñecemento do mundo fíxose a través do mito. O mito, a fábula mediante […]

Historia e ficción, valor da ficción histórica

Posted: Luns, Abril 21st, 2014 @ 6:30 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Historia e ficción, valor da ficción histórica

Logo duns días de inactividade nesta Ferradura, só interrompidos pola emerxencia  do pasamento de Gabriel García Márquez, sento diante do computador. Rodéanme millóns e millóns de palabras, palabras impresas. E aínda quece dentro de min o rescaldo de atravesar a Península máis outra vez. Cada viaxe que fago, sinto que se reafirman as miñas ideas […]

Gabo (in memoriam) e a muller negra

Posted: Venres, Abril 18th, 2014 @ 7:52 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Gabo (in memoriam) e a muller negra

É máis triste o día no que os escritores morren, cando ocorre coma neste caso do adeus de Gabriel García Márquez, que dificilmente un pode imaxinar a vida sen as súas lecturas. A miña teño por seguro que había ser ben distinta. Non foron un nin dous os autores que a min me fidelizaron, me […]

o bombazo do día ou a carnalización da lectura

Posted: Xoves, Abril 10th, 2014 @ 5:35 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

O acontecer diario deixa moitas noticias, comentalas é de por si un dos exercicios máis saudábeis mentalmente que se poden recomendar. Mais hoxe non vou parar mentes na petición de dimisión, a necesidade da dimisión do Director Xeral de Política Lingüística, nin do recoñecemento a a Aurora Marco, o libro  de Yolanda Castaño, o Culturgal, […]

onde están os libros?

Posted: Mércores, Abril 9th, 2014 @ 5:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | 1 Comment »

Nun capítulo de Bones en que había que resolver a morte dun escritor e aventureiro, o psicólogo, non lembro o nome, chegaba cun monte de libros e pousábaos na mesa. Entón o investigaor do FBI, Wood, estrañábase e el díxolle que ía establecer o perfil do morto a través do que escribira. Xa resulta raro […]