ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

as preferentes e a filosofía

Agardo, car+s lector+s, que o título desta anotación vos creara o suficiente interese para acompañarme nunha aventura intelectual, nesta aventura do raciocinio, que non sei como rematará. Que relación pode haber entre as participación preferentes, esa estafa bancaria, e a filosofía? Desde o século XIX a hoxe o mundo mudou moito, moitísimo e particularmente no s. XX aínda que este non se pode entender sen anterior. E, pois, para comezar, o século XII non se diferencia demasiado do século VI en canto á maneira de pensar e de vivir. Porén o século XIX si se diferencia do XVIII e o XX tamén se diferencia do XIX, na maneira de vivir e tamén na de pensar aínda que cómpre deixar claro que entre o XX e XXI non hai tanta distancia. Lendo A música das esferas pódese comprobar como o obxecto de estudo dos pensadores, dos filósofos, se mantén case invariábel desde Platón á Modernidade.

A Modernidade chega da man dos filósofos, ao estes proclamaren a autosuficiencia do raciocinio humano e a súa capacidade para transformar o mundo. Mais será esta mesma capacidade a que progresivamente os deixe fóra de lugar, a vertixinosidade coa que o mundo comeza a mudar non lles permite un obxecto de estudo estábel e iso dificulta o seu labor. Abonde con iso,  renuncio por exemplo a Wittgenstein ou Nietzsche como enterradores da filosofía porque creo que, hoxe máis ca nunca, os filósofos son imprescindíbeis. Hoxe máis ca nunca, neste  mundo tolo.

Que pensarían das preferentes Aristóteles, Platón, Sto. Agostiño, Descartes,  ou o mesmo Nietsche?

Que pensarían da estafa das preferentes os filósofos que se ocupaban de e estudar a relación entre o mundo sensíbel, o mundo intelixíbel e o eu como habitáculo de ambos?

Que pensarían da estafa das preferentes os filósofos que se ocupaban de incardinar esas relación dentro da relixión cristiá ( a Trindade)s?

Que pensarían da estafa das preferentes os filósofos que  estableceron a lóxica como procedemento para establecer a verdade e o progreso da humanidade?

Que pensarían da estafa das preferentes os filósofos que se proclamaron a morte de Deus e o  nacemento do superhome?

-A maldade, meu….Élle indiferente a forma de pensar, a maldade é eterna nas súas múltiples formas e formulacións. Ao mundo sóbranlle banqueiros e fáltanlle filósfos. Se os banqueiros que propiciaron toda a crise económica se dedicaran á filosofía non tería habido tal crise. Moitas, moitísimas veces, engordar a carteira vai en proporción inversa co engordar do pensamento, da facultade de pensar. Canto máis abulta a carteira máis enfraquece a facultade do pensamento. E tes razón, nun mundo gobernado por mentes enfraquecidas, nun mundo gobernado polos intereses do capital, cómpren moitos máis filófosos

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.