ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

un cantalingua moi polémico

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,LINGUA — 28 Abril 2014 @ 6:09 p.m.

Escribir disto é que menos quere un. Porén, ás veces non queda outra. Porque os participantes merecen un mínimo de respecto. Non é nada doado facer un tema musical, cómpre inspiración, saber de música e moito traballo, moito. Así que o lóxico é agardar, pola parte convocante, un mínimo de seriedade, aínda que só sexa só un mínimo de seriedade.

-Non pode ser que entren temas a concurso fóra de prazo, porque os houbo que se subiron o día 2 de abril cando o prazo remataba o día 1. Resulta inadmisíbel, e aínda máis se temos en conta que o prazo xa fora ampliado deica o día 1 porque antes remataba co mes de marzo. Resulta inadmisíbel xogar desa maneira co traballo dos participantes porque non todos tiveron o mesmo tempo para traballar os temas presentados a concurso

-Sempre terei unha dúbida: para que serve a votación na web se despois é un xurado quen escolle os temas vencedores? Véxase que neste caso as votacións na web ( que pasou con estes 1600 votos e con estes 1413? ) e “a outra” resultan ben diferentes. Monoulious ( 64 votos),  Superoito (331 votos), Quempallou ( 27 votos)

-Resulta MOI FEO, MOI-MOI FEO, agradecer a colaboración duns centros sen especificar o trabllo realizado. MOI FEO con respecto a outros centros que tiveron que padecer a pésima organización do CANTALINGUA, como se viu, ao teren menos menos tempo.

-Sospeitar parcialidade, así pois, non sería nada do outro mundo.

-Por favor, aí participou xente con currículo, xente digamos “profesional”, con alumnos que se puxeron con toda a ilusión do mundo a elaborar un tema para a ocasión, con todas as dificultades e traballos que iso conleva. Non se pode xogar así coa ilusión daqueles entre os que se pretende dinamizar o uso da ligua de nós. Por favor…

-Por favor….”e polo interese que mostraron en todos e cada un dos solistas, grupos e temas que se presentaron. ” Parece que aquí se quere agradecer o traballo e a ilusión do resto de participantes, mais o que se agradece é o interese nos solitas, grupos e temas… Nin cinco minutos para redactar de xeito?

-E tampouco somos os primeiros en protestar….

1 comentario

  1. razóns para o optimismo | ferradura en tránsito:

    […] que este ano tivo un desenvolvemento moi feo, e un desenlace máis feo aínda sobre o que xa escribimos nesta Ferradura. De primeiras ía ser un día emocionante porque catro alumnos meus, unha exalumna, […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.