ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o acoso psicolóxico, a carta branca dos políticos e o teorema do macaco infinito

Puxo de actualidade un partido político, alá polos 90, do pasado século, teoría e práctica do desprezo a quen non participa do mesmo pensamento polítioo, social, e cultural que o goberno e partido político que o habitaba : PP. E tivo aplicados e entusiastas seguidores que, non contentos con iso, deron un paso máis, o que representa acosar psicoloxicamente as vítimas e toda disidencia. Entre nós este acoso ten e tivo especial pronunciamento no relativo á lingua. Velaí como se lexislou contra a lingua propia, en lugar de promovela, de normalizala, impediuse a súa normalización no ensino, erradicándoa dos colexios das cidades por exemplo,  no nome de canto prexuízo atoparon ou crearon contra a lingua galega. Unha exposición dos prexuízos e mentiras que xustificaron e xustifucan os seus actos faría arrubiar calquera persoa de mínima cultura, sensibilidade  e sentido da xustiza.

Trátase dun acoso psicolóxico que xa non pertence ao eido do abstracto senón que se materializa na sensación de superioridade que os castelanfalantes colixen de aí. Superioridade e impunidade. Porque se o acoso psicolóxico está tipificado como acto abusivo, degradante e irrespectuoso cos dereitos humanos, cos dereitos da xente, das persoas…pois os políticos e francotiradores que os lexitiman ou dán azos difrutan dunha impunidade grotesca. Semellan ter carta branca para o que lles dea a gana.

Viuse por exemplo no caso do hotel rural que desprezou  o galego como lingua á hora de xulagala nun currículo. Trátase dun comportamente inculto, fondamente burro, coa finalidade de lexitimar propios prexuízos relativos á lingua. Con toda educación e fundamentos culturais, Prolingua elvioulle unha carta. Todos o sabemos. E agora vai a lista de Glory Lake e converte a vítima en aoosador. En canto nos defendemos xa estamos acosando!

Certamente, GLory Lake é unha persoa infinitamente irrelevante no panorama cultural galego. Infinitamente irrelevante. O único que a move é o odio á lingua galega, iso é o único que a xustifica, o único que lle dá lugar nesta vida. Ás veces dáme a impresión de que se propuxo demostrar o teorema do macaco infinito en versión feminina, o teorema da macaca infinita, xa saben ese que di que un macaco, tecleando nunha máquina de escribir, algún día dará escrito sequera un soneto de Shakespeare por casualidade. O problema é que o macaco non ten prexuízos, sentado diante da máquian de escribir, mentres  a esta individua no papel só lle saen palabras de odio e así non, desde o odio xamais se escribirá unha liña dos sonetos de Shakespeare ou dos Cantares de Rosalía

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.