ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Maio, 2014

a 50 ideas por hora

Posted: Venres, Maio 30th, 2014 @ 5:48 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a 50 ideas por hora

Nun principio, a idea era a de 50 ideas por hora. Sopesei un anaco e razoei que era excesivo en exceso tanta demanda de actividade cerebrosa a en cerebros a barbeito. Ben é certo que pensar é barato, é de balde, e todos temos maquinaria pensante…que digo!… todos temos maquinaria pensadora. E tampouco llo ía […]

os retos na dinamización lectora

Posted: Xoves, Maio 29th, 2014 @ 6:13 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en os retos na dinamización lectora

Ler o Harry Potter, ou ler Gloria Fuertes está ben, non se pode negar. Claro que un preferiría outra Gloria, Gloria Sánchez, e a Fernández Paz ou Xabier Docampo en lugar da J, K. Rowling. Afacer as mentes a ler resulta moito máis doado se se fai desde as preferencias lectoras do alumno. E onde […]

para abrir mentes

Posted: Mércores, Maio 28th, 2014 @ 5:39 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Veñen coincidir nestes días dous títulos que non atopo horas suficientes no reloxio para ler senparar. Tratan tematicas contiguas, un está editado en Galaxia e o outro en Xerais. E logo, temos razóns para ser nacionalistas e Para que nos serve Galiza, e Henrique del Bosque Zapata e Xaime Subiela. O de Henrique del Bosque […]

recuperando literatura: Ninguén (Fran Alonso, Xerais)

Posted: Martes, Maio 27th, 2014 @ 6:14 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: Ninguén (Fran Alonso, Xerais)

Chega a esta sección da Ferradura a novela de Fran Alonso Ninguén. Que vos preste. E non esquezades que, nesta arquitectura verbal entre o relato e a novela, se reclama a ficción como porta da realidade.  VAI POR TI, NINGUÉN Título:Ninguén Autor: Fran Alonso Editorial: Xerais Dez anos despois do Males de cabeza, Fran Alonso […]

non aprenderán

Posted: Luns, Maio 26th, 2014 @ 5:29 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Non aprenderán, non. No día despois aos resultados electorais das europeas 2014, xa tiveron tempo abondo para remoer os resultados e ir peneirando catro necesarias reflexións. Tanto os partidos políticos como os medios de comunicación. Mais non. Hoxe pola mañá, Radio Galega, “Victoria do PP e derrota do PSOE e o bipartidismo”. Por exemplo, perden […]

brindo por vós!

Posted: Sábado, Maio 24th, 2014 @ 12:45 p.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en brindo por vós!

Onte, durante a presentación de Para que nos serve Galiza en Chantada, puiden perbir outra volta unha sensación, un estado de ánimo que xa tiña notado con anterioridade e que me preocupa. Existe e non poucos militantes nacionalistas unha parálise emocional na frustración, na frustración de tantos anos, tantas decadas traballando con ilusión e un […]

carta en resposta á de Miguel Arias Cañete

Posted: Xoves, Maio 22nd, 2014 @ 8:59 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en carta en resposta á de Miguel Arias Cañete

Señor Arias Cañete: Tratarei nas seguintes liñas de  ser o máis cortés posíbel, isto igual lle é unha novidade, visto que a descortesía é precisamente o primeiro que se nota na súa carta. Como ten vostede a ousadía de chamarme “amigo”?, afortunadamente non o somos, para contar miña amizade non serve calquera, non é que […]

entrevista a Carlos Lema, entre a Fiosofía e o mundo

Posted: Mércores, Maio 21st, 2014 @ 6:02 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Editor, poeta, ensaísta, home de fonda cultura atinxido por inquedanzas epistemolóxicas, recentemente publicou A música das esferas. Xenealoxía da orde no mundo, do que xa nos temos ocupado nesta Ferradura e do que tamén fixemos crítica en Galicia Confidencial. Con el mativemos unha demorada conversa, como convén ás reflexións trascendentes, onde, ademais da súa última […]

recuperando literatura: Arto Paasilinna ( No bosque dos raposos aforcados)

Posted: Martes, Maio 20th, 2014 @ 5:50 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: Arto Paasilinna ( No bosque dos raposos aforcados)

É hoxe lugar para recuperar a crítica desta preciosa novela de Arto Paasilinna, que traduciu Tomás González Ahola e Rinoceronte publicou.   NO BOSQUE DAS LECTURAS AFORCADAS   Título: O bosque dos raposos aforcados Autor: Arto Paasilinna. Traduce: Tomás González Ahola Editorial: Rinoceronte Mentres  as ondas repercutivas do 15-O pairan na atmosfera de vilas e […]

pola dimisión e Alonso Montero

Posted: Luns, Maio 19th, 2014 @ 2:02 p.m. in LINGUA, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia | Comentarios desactivados en pola dimisión e Alonso Montero

Inicialmente pensei titular esta anotación ” Informe dramático sobre Alonso Montero”, parodiando aquel Informe dramático sobre la lengua gallega -valoren vostedes a lingua en que está escrito. Porén mentres a lingua galega é algo moi serio e nela se expresou/expresa unha literatura/cultura, de moita grandeza… pois o actual rexedor dos destinos da RAG non pasa […]