ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o libro máis perdido da historia e a música das esferas

Aquela vez, desde que Vicente Araguas puxo no correo o paquete con aquel libro, pasaron case dez nos até que entrou na miña casa. Non lembro o título e non o teño agora comigo e non me preocupei de saber se algún outro se perdera durante máis tempo. Púxenme a elo e acabouse. Mais hoxe quero falarlles doutro, no anterior non tiven arte nin parte na tardanza e se cadra non se pode considerar perdido senón “atrasado”, masi este si é un libro autenticamente perdido.

Trátase de A música das esferas, de Carlos Lema. En anteriores anotacións xa comentei que o libbro se me extraviara. Perdino na casa, perdino no centro onde traballo, e volvino perder na casa dúas veces máis, na derradeira xa estaba eu  desesperado porque a lectura ía moi avanzada e co libro ían as miñas anotacións, levárao comigo a Alamería e xa estaba temendo que quedara alá, non me faltou nada para telefonar o hotel onde quedei aquela semana.

Apareceu, por fin, na casa, onde menos o agardaba, coma sempre. E boteime a lelo a acabalo, sen coidar se tiña que facer outra cousa e a estaba esquecendo. Foi onte. Só fixen un alto para xantar.

Carlos Lema é home de xuízo claro e fondo. Falando con el sempre se aprende algo, no que di ou no que cha fai pensar a ti. De grande cultura, melómano convencido e sempre preocupado pola epistemoloxía, pola natureza do discurso literario. A min interesábame especialmente por esta derradeira fronte temática. Comín pouco, no xantar, e porque xantabamos ao ar libre e xa se sabe que entón todo sabe mellor e se come máis. Daría igual se non comera nada porque ao rematar a lectura eu sentíame coma se me alimentara o manxar máis exquisito do mundo e sen tasa. Que lle vou facer, a min pásame así!

En A música das esferas, Carlos Lema estuda o mito como relato ao longo da historia, de xeito que vai constatando como a primixenia concepción do mito como ordenación do mundo foi sendo deturpada progresivamente e non sempre con intencións de progreso, para solventar problemas quea filosofía aínda tiña convincentemente resoltos. A filosofía, os filósofos, é dicir, os pensadores que pensan/pensaban o mundo..

Hoxe, esa tarefa de contar o mundo, de ordenalo, é asumida por outro colectivo moito menos preparado para tal efecto. Pola prensa. E mesmo parece que máis que ordenalo o que fan é narralo como caos. Mais o peor é que o fan servindo intereses que nada teñen que ver coa filosofía ou seimplemente con intereses vinculados ao mundo do pensamento. Só serven intereses económicos. Son vasalos do capital, que é quen tamén señorea a política.

E non só a prensa lle usurpou este papel aos filósofos, tamén llo usurpou á literatura- ninguén escribiu máis mitos! E nisto, ollo, boa parte de culpa téñena os mesmos filósofos que desprezaron o texto literario desde o mesmo Paltón.

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.