ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

razóns para o optimismo

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,LINGUA — 8 Maio 2014 @ 5:59 p.m.

No enrarecido clima no que respiramos decisións políticas irracionais, corrupcións xeralizadas que aínd anos fan sentir máis indefensos, ou as decisións anticulturais dunha Xunta de Galiza que ten San Caetano como mesa de negocio privilexiada na que vende ro noso país a quen mellor lles encha os petos aos ppeppeiros ppetimetres, non é doado atopar razóns para o optimismo, para pensar que as cousas van así mais poden ir mellor. Vivimos politicamente condenados á infamia de sentirnos monicreques nas mans duns políticos de escasa ou nula catadura moral, de escasa ou nula catadura cultural, de escada ou nula eficiencia xestora, mais de exacervada autocompracencia na mentira de que ninguén pode máis ca eles, de que eles son os xefes do recreo e só se pode facer o que eles digan.

Por iso se agraden moito as pequenas cousas que che enchen a vida de optimismo e che pintan un sorriso na cara, un sorriso deses que loces con fachenda.

Hoxe chegou a Monforte o Correlingua cun Cantalingua que este ano tivo un desenvolvemento moi feo, e un desenlace máis feo aínda sobre o que xa escribimos nesta Ferradura. De primeiras ía ser un día emocionante porque catro alumnos meus, unha exalumna, unha futura alumna e o profe de música ( un deses xenios desaproveitados deste país) debutaban como conxunto musical. Modestamente, eu algo que ver teño, interésame o seu traballo e de cando en vez pídenme opinión ou axuda para compoñer as letras; porén o que a min me emociona é ver como se moven, a súa creatividade,a febre por enchouparse de música ( música galega, que non é nada doado e da cal hai que forneceleos no prestado) e faceren algo novo. Iso, para min é moi importante.

E debutaron The Caralludo´s. Unha estrea modesta. Tres temas. Foron de menos a máis. Mágoa que tiveran que parar de tocar cando máis necesidade tiñamos de seguilos  escoitando e eles de medraren como artistas. Porén o Cantalingua non lles deixaba máis. Porén foi entón cando comprendín o alcance do verdadeiro significado dalgunhas cousas. Por exemplo, que quixeran presentalo ao Cantalingua e non a outro certame. A maioría andan polos 15 anos e intersáballes especialmente o Cantalingua polo seu significado. Así que se presentaron e el, en inferiroradade de condicións porque non tiveron tempo a  orquestralo como querían mentres outros se presentaron fóra de prazo.

Como os coñezo, sei o potencial creativo que teñen. Hoxe comezaron. E os comezos sempre son emocionantes. Oxalá poidan seguir xuntos moito tempo.

E aínda outra cousa. Entre o público non estaba calquera. Non recoñecín autoridades, mais si rapaces e rapazas que sentían o futuro da lingua. No instituto prográmanselles outros actos, por se non queren correr. Porén eles tíñano moi claro, querían correr pola súa lingua. Podían quedar xogando ao fútbol, que lles tira moito. Mais eles sabían o que querían, tiñan claro cales eran as súas prioridades.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.