ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

relacións entre política e cultura

Filed under: LINGUA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 14 Maio 2014 @ 5:14 p.m.

Convidáronme hoxe, desde o BNG, a acompañar a súa candidata, Ana Pontón, no encontro que hoxe se vai celebrar en Chantada. Convidáronme como poeta! E xa case eu tiña esquecidos nañgunha gaveta os poeamrios perpetrados por min nalgún tempo. Verei se dou atopado esa gaveta, porque non é electrónica, que se o fora habería menos problemas.

En todo caso, e vendo que me acompañarán xentes da música ( Os Parentes) e da poesía e que  a mesma pasada semana comentaba co responsábel local o feito de que as artes ( exprésense con palabras,con liñas,con formas, con colores,con imaxes…) teñen todas en común unha visión pouco corrente da vida e por iso resultan tan atraentes, tan atraentes e sobre todo aleccionadoras porque nos descubren ángulos da vida por nós insospeitados ou que simplemente non foramos quen de ver.

Nesas, hoxe e agora quero escribir sobre as relacións entre política e cultura. Porque as hai, moi fondas, porque nada é alleo á política e porque nada é alleo á cultura. Moi fondas e moi pouco visibilizadas. E porque esas relacións resultan curiosamente reveladoras. Xa que polo xeral a cultura decántase polas posturas políticas máis progresistas, canto máis á esquerda mellor e cunha progresión nacionalista similar.

Que mundo ca cultura apoia o PP? Martita Riverita de la Crucecita ( unha mala escritora, filla de papá e do OPUS), Manuel Faltita ( cómico “arrimado” ao mundo cultural galego porque de algo teñen que vivir os actores de terceira fila) ou Manuel Guede (director do CDG e auténtico culpábel do que acusa aos demais, sempre foi moi do PP isto de acusar os demais dos males propios). Algún máis?

En todo caso, a relación do PP coa cultura ilústrana moi ben os casos Sara Mago ou Carmiña Burana. Hai qu eser burros de orellas!

En todo caso a relación do PP coa cultura vese ben na belixerancia da Xunta contra o teatro galego, contra o libro galego ( sobre todo o de texto), contra as editoriais galegas…

Obsérvese a reiteración do adxectivo galego.

Ben se ve quen está cos galegos e quen non está.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.