ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

pola dimisión e Alonso Montero

Filed under: LINGUA,NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia — 19 Maio 2014 @ 2:02 p.m.

Inicialmente pensei titular esta anotación ” Informe dramático sobre Alonso Montero”, parodiando aquel Informe dramático sobre la lengua gallega -valoren vostedes a lingua en que está escrito. Porén mentres a lingua galega é algo moi serio e nela se expresou/expresa unha literatura/cultura, de moita grandeza… pois o actual rexedor dos destinos da RAG non pasa de intelectualiño de segunda división. Iso si, extraordinariamente presuntuoso, extraordinariamente pagado de si mesmo.

Fíxense nestas declaracións.

-O autor do Informe -dramático- sobre la lengua gallega, do ano 1973, se non lembro mal, vai e solta que o idioma galego non está en perigo. Merece un Infome dramático hai 40 anos, mais hoxe,

+cando nunca menos falantes tivo,

+practicamente erradicado do ensino nas cidades

+actuando a Xunta belixerantemente contra el

hoxe, sendo el presi da RAG, home, como vai estar en perigo!

-Amósase convencido de que, polo menos algúns, os que non o votaron a el para presidir a RAG, hoxe si o farían…( enfín, non vou comentar nada…)

-Salienta as excelentes relacións coa Xunta en xeral, e particularmente con Jesús Vázquez, Anxo Lorenzo e Valentín García. Os dous primeiros, os que se distinguiron especialmente actuando contra o galego; o terceiro, que se distingue especialmente por non facer nada a prol e non opoñerse a que fagan na contra.

Dáos Deus e eles xúntanse. Velaí teñen vostedes. As medianías sempre se entenderon moi ben entre elas. As medianías, os figuróns, os aproveitados…

Cadra que Xerais lle vén de reeditar o Pedro Petouto.

Botarlle  unha ollada sempre pode ser aleccionador. Subtítulo “Traballos e cavilacións dun mestre subversivo”. Pedro Petouto seica puido ser autor de varias composicións populares anónimas ( apropiación propia da falta de talento do autor para outorgarlle lustre poético á personaxe). Participaría no Banquete de Conxo ( sen facer nada, por suposto) e nada menos que, como cimeira, o pon a discutir  con Miguel de Unamuno!

Está claro que tamén existe literatura psicotrópica…

Conclusión:

-non son eu só quen ve en Alonso Montero unha persoa absolutamente vendida á Xunta, á Xunta que lexisla contra o galego; somos moitos e temos que poñelo en evidencia alí onde se atope, cousa que non resultará nada complicada, e pedir a súa dimisión.

-un detalle aleccionador. Cando Ferrín lle nega o saúdo por algo será. Alonso Montero trata de facer ver que é porque perdeu a votación que os enfrontaba. E digolle eu ” Señor Alonso Montero: perder unha votación é algo  moi normal, o que non é normal é ser tan amiguísimo dos que se distinguen loitando contra o galego e despois dicir que vostede é o primeiro en defendelo.

——————-

Notiña para acabar: Feixó sempre se caractrizou por, coincidindo co Día das Letras Galegas, dar algunha mala noticia para o galego; ten empeño especial niso. Desta vez, moi a propósito, rebautizou  o Cantares gallegos como Poemas gallegos. E como lle debía parecer pouco, velaí outras voces que falaron por el: Manuel Guede e agora Alonso Montero.

Ven o que lles dicía das medianías?

Só faltou Manuel Manquiña, digo Faltita, Manuel Faltita…

 

 

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.