ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

non aprenderán

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 26 Maio 2014 @ 5:29 p.m.

Non aprenderán, non. No día despois aos resultados electorais das europeas 2014, xa tiveron tempo abondo para remoer os resultados e ir peneirando catro necesarias reflexións. Tanto os partidos políticos como os medios de comunicación. Mais non.

Hoxe pola mañá, Radio Galega, “Victoria do PP e derrota do PSOE e o bipartidismo”. Por exemplo, perden o cu por emaprellar PSOE e derrota. Foino. Foino. Mais a do PP ( desde o poder) foi aínda peor. Na portada da edición impresa de LVG só se refiren ao “castigo ao bipartidismo”, camuflando os malos resultados do PP. E non só iso, nos gráficos sempre poñen o número de escanos obtidos, menos no de Galiza, onde o dato é a porcentaxe de votos recibidos. Perden o cu por disimular os malos resultados do PP.

Anoten, señores dos mass media: a derrota do bipartidismo temén é derrota de vostedes, aínda que perderon o cu para que iso non sucedese, creando un alarmismo innecesario.

A derrota do bipartidismo supón tamén a derrota dos políticos tradicionais, do xeito de facer política tradicional, do clientelismo, do desprezo ás necesidades obvias da xente en favor das necesidades partidistas. Evidentemente. Mais tamén é unha derrota dos medios de comunicación como primeiros clientes dos partidos políticos, como primeiros aliados do partidos políticos, toda a enxurrada de lixo palábrico e idelóxico que  os seus “creadores de opinión” verqueron para xerar confusión, para connotar negativamente as voces discordantes, para enlodar as mentes dos lectores e que votaran coas vísceras…non serviu, foi inútil.

PODEMOS demostrouno, hai vida á marxe de vostedes e hai vida á marxe da política tradicional e é mellor vida, moito máis digna. As malas mañas dos medios de comunicación evitaron un meirande ascenso de partidos tradicionais (IU, UPyD…), e de aí non pasou.

Tamén é hora de que o nacionalismo galego reflexione, fondamente. Están a desaproveitar unha conxuntura que lles debería ser favorábel. E os resultados colleitados tanto por AGE como por BNG non me satisfán como para esquecer o que poderían suceder indo o nacionalismo unido

Refírome ao nacionalismo galego porque manteño aínda esperanzas na súa cordura. Non así no caso de Raxoi ou Rubalcaba, dúas mentes pequenas, grises, querendo pasar, custe o que custar, por líderes solventes, suficientemente intelixentes como para levar adiante o partido e o Estado. O Estado, xe se ve que Raxoi non o soubo interpretar, querendo vender a moto de que todo vai a mellor, que para os bancos e os ricos si, mais para axente que vota vai igual de mal ou peor. Rubalcaba, teima en arruinar por completo o PSOE, é a súa maneira de pasar á Historia. E Raxoi vaille detrás, de costas ao PP e á realidade, feliz no seu mundo de Yupi.

E cando falo dos mass falo de  El País, La Razón, ABC, El Mundo…xa vostedes saben, e sobre todo ca caterva mediática alucinatoria de Libertad Digital, 13 TV etc. Alén de La Voz de Galicia, Vtv, El Progreso, EL Correo Gallego, La Región etc. Por suposto sálvanse da queima Público, Infolibre, Huffington Post, la Haine…Sermos Galiza, Praza Pública, Galicia Confidencial….non é que se salven da queima, pode considerarse, debe considerarse que eles si que  informan na boa dirección. A xente non é tonta, por moito que os traten así.

…………………

Rematada esta anotación, sei que Rubalcaba marcha. Non era sen tempo. Agora queda saber se o PSOE quedou cadáver ou aínda ten remedio.

2 Comments

  1. Natalia Boo:

    Boas,
    É unha grata sorpresa volver a atopar este blog e volver a ler algo seu, profesor Eyré.

    Certo é que os partidos tradicionais e os medios de “incomunicación”, vendidos a eles, non aprenderán. Pero se algo demostraron estas pasadas eleccións é que “o povo é quem máis ordena”, e xa non está tan durmido e ten ganas de aprender.

    Aínda conservo lecturas do “clube de lectura” que iniciara vostede no institudo e recordo con verdadeiro agarimo as poucas pero didácticas reunións que tivéramos do mesmo. Sería un pracer recibir novas recomendacións de literatura galega, aficionárame moito a Olga Novo e Maria Lado.

    Sen máis, un cordial saúdo.

    P.D. Foi vostede un dos “profes duros/esixentes” pero dos que deixa pegada, e iso; non ten prezo.

  2. xmeyre:

    Que alegría!, Natalia. Cando me puxen a facer esta Ferradura non podía imaxinar que despois me habín ler alumn+s e ex-alumn+s. Aquí na Ferradura ou en Galica Confidencial podes seguir a smiñas recomendacións. Por certo que non sabía que Olga Novo e María Lado che chegaran tan fondo, son dúas excelentes poetas..
    Un pracer, Natalia

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.