ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a 50 ideas por hora

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 30 Maio 2014 @ 5:48 p.m.

Nun principio, a idea era a de 50 ideas por hora. Sopesei un anaco e razoei que era excesivo en exceso tanta demanda de actividade cerebrosa a en cerebros a barbeito. Ben é certo que pensar é barato, é de balde, e todos temos maquinaria pensante…que digo!… todos temos maquinaria pensadora. E tampouco llo ía pedir a unha única persoa. Non, ho.

-Pois que pensen co cu.

Dixo un outro eu, meu e indisciplinado. Non lle fixen caso. Non fora ser que deran en diarrea mental.

-Pois que pensen co estómago.

Dixo un outro eu, meu e indisciplinado. Tampouco lle fixen caso. Dáme igual a aparte anatómica corporal coa que pensen, con tal de que o fagan. Porén, quixen ser condescendente e relaxei a cantidade, non a cantidade de ideas senón de tempo: 5o ideas por día. Relaxei tanto que case me enfado intimamente comigo mesmo. Porque, a ver, tampouco é tanto, estoulle pedindo 50 ideas á Conferencia Episcopal, non á Conferencia PPepiscopal a ver se dan atopado a(s) razón(s) da perda de tanto millón de votos como perderon. E como non quero ser malo maligno tamén digo que lle estou pedindo iso mesmo ao Cónclave Asambleario do PSOE ese que aínda non deu decidido como van escoller a quen poña o puño para levar a rosa, a rosa descolorida.

Decidín tamén que sería bo permitirlles convidar, obrigalos a permitir convidar os cerebros asesores que tan ben pagan para que os chufen nos medios de comunicación, os creadores de opinión que teñen a soldada bienpagá.

É que non lles vin a primeira. Nin aos que en teoría gobernan nin aos que en teoría fan oposición. E preocúpame.

-Vale, pídelles 50 ideas por Conclave Partidario Asemblear. Que se xunten todos.

Mais entón, ou outro eu indisciplinado e meu fregoume as orellas.

-Esperta, hostia, esperta do teu pesadelo, fogar de Breogán. Ademais de pedirlles aos burros que lean tamén lles esixes que pronuncien!

 

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.