ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Agosto, 2014

quedar na codia

Posted: Martes, Agosto 26th, 2014 @ 5:59 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en quedar na codia

Léase por onde de lea, a noticia hoxe leva nome propio Julio Cortázar. Fálase da súa xenialidade. Fálase da relación con Galiza do boom da literatura sudamericana. E un le e le, e quédalle mal corpo. Primeiro, porque isto só sae á luz en efemérides e datas precisas. Segundo, porque non só debemos nós contar […]

Galiza, Nós, eu

Posted: Xoves, Agosto 21st, 2014 @ 2:09 p.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Galiza, Nós, eu

Os colaboradores de Nós poden ser o que lles pete: individualistas ou socialistas, pasatistas ou futuristas, intuicionistas ou racinalistas, naturistas ou humanistas; pódense pór en calquera das posicións posibles respeito das catro antinomias da mente contemporánea; poden ser hastra clásicos, con tal de que poñan por riba de todo o sentimento da Terra e da […]

Risco, Castelao, e o drama de min

Posted: Luns, Agosto 18th, 2014 @ 9:04 p.m. in CARA ADIANTE, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en Risco, Castelao, e o drama de min

Escribiu Risco, Vicente Risco, n´O porco de pé, unha farsa, un xoguete cómico, unha enorme retranca sobre o poder e o papel da ignorancia na sociedade. Non foi o único da Xeración Nós, Castelao tamén deixou constancia do tema, n´ Os dous se sempre de xeito moi directo, sen deixar de figurar no resto da […]

Kid Salvaxe, versos escollidos

Posted: Xoves, Agosto 7th, 2014 @ 7:31 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Kid Salvaxe, versos escollidos

A vida é só unha repetición que se repite.                Terminalmente (16) ………………………………………………………………………………………………………. Supera os temores e non deixes que o guión da vida cho escriba o medo (18) …………………………………………………………………….. A vitoria é do que acada primeiro o seu soño. Non o esquezas, amigo, cando espertes  ó día seguinte de perder (25) ………………………………………………………………………………………………………. (…) mentres […]

renacer (ou así), por orde facultativa

Posted: Luns, Agosto 4th, 2014 @ 6:20 p.m. in CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en renacer (ou así), por orde facultativa

Renacer. Recuperar a rutina. Non a de vexetar, comendo, durmindo, andando, mirando a vida pasar. Desde os oito anos nunca pasara tanto tempo sen dar lido un libro. Agora loito por acabar un, de poesía. Non me é sinxelo escribir isto. Quería facelo desde hai semanas. De feito dá igual o que sexa. É duro […]