ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Poderá Podemos?

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 3 Setembro 2014 @ 9:01 p.m.

Poderá algo Podemos? Servirá para algo a ilusión que están a crear? Están realmente a crear ilusión? Quen son os Podemos? (Porque ademais de Pablo Iglesias…) Pero vaia non preguntemos tanto que logo non deamos respondido, aínda así, aí van dúas máis: pretende Podemos cambiar a sociedade ? , pretende cambiar a política, tipo de partidos e maneira de facer política?

A sociedade non creo que a poida cambiar. Iso é a cultura o que mellor o pode conseguir, porque desde que morreu Franco a política nin sequera creou conciencia democrática.

E a política tampouco creo que a poida/saiba cambiar. Razón? Moi sinxelo, Podemos está a se facer como partido a partir dos desafectos doutros partidos, na miña opinión. E iso é moi, moi grave, porque é xente de baixa ou nula conciencia política. Temo que Podemos remate sendo unha UCD do XXI, non moi distinto do PP e PSOE, por certo, en canto nucleantes de arrivistas que procuran a súa parcela de poder, neste caso á marxe dos dous colosos.

E mete medo que os desfectos sexan case sempre desafectos da esquerda, penso eu que na súa maioría, porque o cómpre para mudar algo no panorama político e social…é acabar con esa lacra de francófilos trasnoitados, de incompetentes e encefalogramas planos mais moi pagados de si mesmos, tanto que a súa intransixencia é famosa no mundo enteiro.

De verdade Pablo Iglesias cre que está a facer algo para iso?

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.