ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

REIVINDICACAIÓN DA HISTORIA CONTADA POR NÓS

REIVINDICACIÓN DA HISTORIA CONTADA POR NÓS
Título: Eu estaba alí
Autor: Afonso Eiré
Editorial. Hércules
Todos os pobos deixan historia. Hoxe sonnos coñidos nomes de ducias e ducias de pobos que deixaron de existir ( os selk´man, os chango, os cunco, os arahuacos, os tumacos) e somos plenamente conscientes de que outras están a piques de desaparecer ( os houma, os otawa…) sen que por iso nos importemos e se vexa alterado o ricto do noso rostro. Porque o mundo valora aínda moi insificientmente a diversidade cultural, a multiplicidade de formas de entender a vida e gobernarse nela. Sendo moi habitual a reacción de incomprensión, cando non de aberta hostilidade, cara a prácticas culturais que nos parecen aberrantes por non cincidir coa nosa mentalidade occidental. Acontece isto no tempo ne que a cocacola conquistou o mundo; no tempo no que cativos que cosen balóns para a as marcas occidentais, ou prendas de roupa para deseñadores podres de cartos, soñando con ser Cristiano Ronaldo ou unha afamada modelo de pasarela.
Porque o importante non é que os pobos existiran ou aínda existan. E nós, no medio. O realmente importante é que os pobos sexan quen de contar a súa propia historia. Porque cando descoñezan a súa propia historia deixarán de protagonizala ao non se sentir parte dela. Por iso a oposición a revisión histórica, a oposición política e social a non volver a vista atrás con ollos críticos – porque non teñen problema algún en seguir crendo na batalla de Clavijo, ou que Bailén supuxo a primeira derrota dos franceses en Europa, para eles Bernardo González del Valle “Cachamuíña” carece de importancia, estorba- responde a un posicionamento culturalmente deforme por politicamente condicionado. A cousa é curiosa: cando todas a todas as parcelas do saber se lles esixe contante aggiornamento, os historiadores atopan resistencia político-cultural que lles traballaren en liberdade para que algún día saibamos todo o que pasou na ditadura franquista.
Por iso, libros como o que hoxe comentamos, teñen unha importancia especial. Trátase da nosa propia historia recente contada por nós, que día a día asistimos a como intereses alleos contan a nosa historia co propósito de converternos nun fato de desmemoriados non problematicos, propósito que ten finalidade política, cultural e, non se esqueza, económica ( cando deixe de interesarnos o noso seremos mías receptivo a mercadoría estranxeira: o día en que todos xantemos nun macdonalds só comeran caldo os turistas).
E si, contar a nosa propia historia recente, en clave de nós, significa que se tarta dun libro politicamente consciente, o cal non é ningunha eiva senón todo o contrario. Porque se nos guiamos pola prensa da ocupación, o nacionalismo nunca fixo nada que non fora corromper a sociedade. Mais aquí impediuse unha central nuclear sen que houbera ningún morto, en Xove; mais aquí logramos derrotar o aparato estatal, caso cota empresarial. E Baldaio, e As Encrovas… O nacionlaismo sempre tivo algo que ver, moito protgonismo. O libro comeza cunha posta ao día dese tema para algúns tan polémico como é o do Piloto, e resulta de intereses especialme importante para as novas xeracións, para que sexan conscientes do que custou esa “liberdade” que hoxe temos, para que valoricen tamén o conflito lingüístico dos nosos días, para que comprendan a importancia de termos sindicatos de noso, para que comproben como sen a loita clandestina nada sería poísbel e xulguen con xusteza iso que eles non viviron: a transición, por outros moi ben chamada transfusión.
Poderá haber outras versións da nosa historia máis recente, mais todo é cousa de ver en que eixos xiran as perspectivas desde as que se escriben, se desde un eixo xenuinamente galego ( Galiza, por riba de todo) ou desde calquera outro. Mesmo haberá quen diga que as cousas non foron exactamente así, porque sempre hai, aínda que os seus protagonsitas testemuñen a favor da versión de Afonso Eiré: velaí o caso da destitución de Carlos Mella ( cando era vicepresideante da Xunta) ou da pretensión de Xosé Cuíña de entrar no BNG ( neste caso foi o seu fillo, nas redes sosciais; no anterior o propio protagonista, en Compostela, se non lembramos mal) Porén, sexa como sexa, non se pode negar que se trata dun libro valente, que non refuga temas delicados ( a ruptura do BNG, cando o PSdG perde o G, cando o PPdG perde o G…) e que non se pode deixar de ter en conta.
Vivimos días dun intenso debate político, no cal a irrupción de novas formacións parece ter a moita xente “descolocada”, confusa, incluídos aqueles que dirixen as diferentes forzas. Se callar estes máis ca ninguén, pois afecta directamente á súa cota de poder. Este libro de Afonso Eiré, como os de Xaime Subiela (Para que nos serve Galiza) e Henrique del Bosque Zapata ( E logo, temos razóns para ser nacionalistas?) trata de incentivar a reflexión, sobre nós, sobre o que facemos, sobre Galiza; o único que importa porque é máis grande ca todos nós. Desde unha óptica persoal, xornalística e comprometida.
Vai pola segunda edición, é un dos libros máis lidos e os medios non falan del. Incomprensíbel? Non.
ASDO.: Xosé M. Eyré

XMEYRE

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.