ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

e despois do bravú, que?

Filed under: CARA ADIANTE,MÚSICA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 16 Setembro 2014 @ 10:10 a.m.

Foi un día moi emotivo, o sábado pasado, coa celebración do XX cabodano do Bravú. Especialmente pola mañá, coa descubeta da placa que conmemora os XX anos do Manifesto de Viana, placa para que prestou a súa arte Primitivo Lareu (escultor, pintor, canteiro e viñateiro que tamén lle deu a iso da música en Brandián). Placa cuberta, para iso é bravú, cun saco de mustil. Por certo que a inauguración culminou cantando todos os presentes ” ATractorada” dos Rastreros, un cantar emocionado e bravío que vovleu facer e Viana o centro do mundo.

Pola tarde debateuse sobre o bravú. E eu, que agora quero escribir sobre a actualidade do bravú, lembro unas palabras que Xurxo Souto  e mais eu compartimos. Estaba alí, na adega do Caballero, ente xamóns e licores varios, unha representación ben xeitosa do bravú ( perdoen que non dea nomes, mais non quero capitalizar senón todo o contrario), nun ambiente de festa e celebración, nunha cerimonia de partillamento que nunca foi quen de celebrar Voces Ceives.

E despois do bravú, que? Pois primeiro dicir que o bravú non está morto, non foi cousa dun momento histórico. Hoxe, os temas dos Diplomáticos, dos Rastreos, do Caimán do Río Tea etc. son himnos, son himnos compartidos pola mocidade e os seus pais. O cal ten un valor absolutamente incomparábel. E ben se viu nos concertos que os tres grupos anteditos, que se xuntaron de novo este ano, e que deberían continuar.

Contiuar porque o bravú non foi estilomusical, o bravú foi máis ben un estilo de vida, o berro de que o galego era unha lingua moi axeitada para o rock, o berro de que nas aldeas, no rurual ou nas periferias, tamén se sabe facer rock sen complexos e de priemeira. E iso, hoxe, aínda é necesario transmitirllo á sociedade. Aínda, infortunadamente e máis ca nunca.

Nao, Sés, ou os memso Malas Herbas que actuarían pola noite, ademais de Liviao de Marrao, os convocantes, son moi bravús, son continuadores, e nalgún caso pódese dicir que fillos do bravú.

Tamén se lembrou como o Castañazo, moi ligado ao bravú, até que hai uns anos pegou unha virazón cara a un simple festival máis, o Castañazo Rock naceu para que os diferentes grupos se puxeran en contacto entre si e dese xeitos fuxir das tebras duns medios de comunicación que lles eran refractarios. E seguen sendo, porque se o Bravú e o Manifesto de Viana son un dos sucesos máis importantes da música galega…os meidos brillaron pola súa ausencia nesta conmemoración.

Si, hoxe hai outros medios e calaquera sabe o que fai outro a miles de quilómetros de distancia. E pode compartilo ou non. Mais só co trato existe verdadeira comunicación, comunicación de proxectos humanos, proxectos  e estilos e vida.

2 Comments

  1. paquito:

    el brabu es una valsa de humo para idiotizar a los paletos y que cuatro listos se beneficien bajo banderuchas.

  2. xmeyre:

    Ai, Paquiño, aos bravús árdenos o peito e imos contra o mundo. Mágoa que non che arda a ti, polo menos algo de ortografía aprenderías…

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.