ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

no pasamento de Begoña Caamaño

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA — 27 Outubro 2014 @ 10:23 p.m.

Tiven o inmenso pracer de comunicarlle que gañara o Premio da Crítica por “Morgana en Esmelle”. As súas dúas novelas transmiten un humanismo vitalista, unhas ganas de vivir inmensas. Tamén, a través das redes sociais, intercambiamos pareceres varias veces. Pero o que lembrarei sempre é a alegría das súas palabras cando, saíndo de Ponferrada, dei comunicado telefonicamente con ela. Alegría que se debía non só ao recoñecemento que recibía, senón que podo segurar que aínda lle fixo máis ilusión que lectoras novas se achegaran con tantas ganas á súa primeira novela,” Circe ou o pracer do azul”, que  unha alumna me pedira expresamente e que despois fora lectura tamén doutras tres compañeiras ( e, desde entón, doutras varias).

Hoxe é un día triste, non é un día lila, como a Begoña lle gustaría. Hoxe é o día negro que desde hai tempo se viña anunciando. Hoxe é un día negro para a literatura deste país, e tamén para o feminismo, e tamén para +s que loitan contra o poder e erguen a súa voz en nome dos eternamente perdedores porque a sáu versión da historia é ben outra.

Deixas, Begoña, un oco que ninguén poderá encher, mais oxalá que a lección da túa vida haxa quen a saiba entender.

Vai por ti.

E que alá onde esteas só haxa sorrisos lila.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.