ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Decembro, 2014

lectores públicos

Posted: Xoves, Decembro 18th, 2014 @ 6:25 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en lectores públicos

Avánzolles que non teño ningunha esperanza de que estas palabras cheguen a ollos con suficiente poder como facer algo positivo ao respecto. Son tantas veces xa as que levo escrito sobre a lectura, e son tantas as que aínda escribirei! Poucas habilidades aprende o ser humano tan importantes como a capacidade de extraer información de […]

as flash story e a narrativa hiperbreve, desfacencdo confusións

Posted: Xoves, Decembro 11th, 2014 @ 2:07 p.m. in LITERATURA MÍNIMA | Comentarios desactivados en as flash story e a narrativa hiperbreve, desfacencdo confusións

A confusión que aínda se percibe dentro do mundo da Literatura Hiperbreve ou Literatura Mínima ten diferentes orixes, causas, e tamén explicacións. Unha delas débese á mala tradución dende o inglés conxuntamente co descoñecemento da teoría da microliteratura. Así, sucede que, se botamos un ollo ao que son as flash fiction ou flash story en […]

indignación bibliotecaria

Posted: Sábado, Decembro 6th, 2014 @ 2:28 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en indignación bibliotecaria

Por pura casualidade apareceu diante dos meus ollos o catálogo de novidades para adultos da Biblioteca de Ferrol. E dei en lelo, moi atentamente, a miña curiosidade é inifinita. E fiquei moi sorprendido e amolado. Se un bota unha ollada atopa unha conpeción do libro galego de esmola, á mesma altura que dun xénero literario, […]

un pouco de sentidiño

Posted: Martes, Decembro 2nd, 2014 @ 10:11 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en un pouco de sentidiño

Cómenme os demos, férveme o sangue cando leo algo sobre o asasinato de Jimmy, a mans dos ultras do Atlético de Madrid. Nestas ocasión é cando un demostra o que de humano leva dentro do peito e,  a verdade, levo lido algunhas cousas que piden a berros un exame exhaustivo da capacidade mental dos seus […]

dá que pensar

Posted: Luns, Decembro 1st, 2014 @ 2:06 p.m. in LINGUA | Comentarios desactivados en dá que pensar

Os comportamentos lingüísticos na Galiza, ás veces rozan a paranoia máis insensata, grotesca e ñoña. O que vou contar a seguir pasou diante dos meus ollos e oídos o pasado sábado. Usar unha lingua estranxeira en lugar da propia supón un uso da lóxica fóra do eido dos sentimentos, é dicir: un abandono inconsciente de […]