ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

dá que pensar

Filed under: LINGUA — 1 Decembro 2014 @ 2:06 p.m.

Os comportamentos lingüísticos na Galiza, ás veces rozan a paranoia máis insensata, grotesca e ñoña. O que vou contar a seguir pasou diante dos meus ollos e oídos o pasado sábado. Usar unha lingua estranxeira en lugar da propia supón un uso da lóxica fóra do eido dos sentimentos, é dicir: un abandono inconsciente de todo aqueilo que teña que ver co mundo dos sentimentos, e un uso frío da lóxica, desapaixondado e vulgar, matemático. Mais non por iso esa lóxica é implacábel. Todo o contario, é máis feble e rudimentaria. E, senón, xulguen vostdes despois de ler o que paso a relatarlles.

Paseaba eu, sen obxectivo determinado, só por moverme e que as agullas do reloxo foran avanzando no se percorrido esférico, cando un pai e unha filla me adiantaron, pasando a  camiñaren un bocado por diante de min. Eu,en principio, non lle dei ningunha importancia e seguín co meu errático deambular. Porén, pai e filla, unha rapariga duns seis anos, boteille eu, aminorarono seu paso mentres o home se esmeraba en explicarlle á nena:

-Es que la hoja no les cae a todos los árboles, a estos si, ya ves como les cae, pero hay otros que no, como los pinos y otros.

A rapaciña non sei se quedou convencida ou non, mais, de súpeto, tirou para atrás da man do  pai e fitouno de arriba  abaixo mentres lle respondía algo que  o pai xamais agardaría. Nin eu, pero os cativos viven apegados á sentimentalidade, sitúanseno mundo a partir do que senten pola realidade que os mundo lles ofrece.

A rapaciña fitou oa pai de arriba abao¡xo, moi seria, mentres lle dicía:

-Oes, papá, e que pasa se eu me poño a falarche en castelán?

Cando os rapaces dab leccións aos adultos, dá que pensar, algo non vai como debera.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.