ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

un pouco de sentidiño

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 2 Decembro 2014 @ 10:11 p.m.

Cómenme os demos, férveme o sangue cando leo algo sobre o asasinato de Jimmy, a mans dos ultras do Atlético de Madrid. Nestas ocasión é cando un demostra o que de humano leva dentro do peito e,  a verdade, levo lido algunhas cousas que piden a berros un exame exhaustivo da capacidade mental dos seus autores.

E quero dicir que cómpre ser ben estúpido para facer 600 km para liar con outros que só se diferencian dun polas cores do pendón. Esa é a escusa pola que se criminaliza os seareiros deportivistas!

Sempre é bo ter memoria e eu aínda lembro o caso do afeccionado basco que tamén mataron os ultras atléticos. Aitor Zabaleta, van alá máis de tres lustros.A Aitor matárono porque si, porque deberon pensar que é bonito matar, e maís se se trata dun basco. Ou dun galego. Putos periféricos!

E quero dicir que é hora de que se depuren responsabilidades, aquelas que non se depuraron no seu momento. Porque quen matou a Jimmy ben puido ser fillo do que matara a Aitor. Pporque é o de sempre. Só son malos os ultras periféricos. Os ultras españoleiros non, a eses consénteselles todo.

Resulta triste, moi triste, que os presidentes de case todos os equipos consintan estes monstruos nos estadio de por aí adiante. Non van ver fútbol, non senten as colores. Non. Só van berrar a inmensa frustración dos que se senten superiores aos demais. Esa xente luxa o  fútbol, tínxeo de loito.

E quero dicir que, se non se depuran responsabilidades é porque se verían afectados moitos nomes con peso dentro do PP. Así de triste. Dentro do PP ou de ideoloxías coas que o PP se sente moi á vontade.

Xa está ben. Un pode aturar que usen o deporte balompédico para lavar cartos negros, para escuros negocios ou como lanzadeira dunha carreira política. Custa, a quen ame o fútbol como deporte ten que custarlle. Pero de aí a consentir e aplaudir a presenza de asasinos nas bancadas…van tres universos!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.