ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

indignación bibliotecaria

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 6 Decembro 2014 @ 2:28 p.m.

Por pura casualidade apareceu diante dos meus ollos o catálogo de novidades para adultos da Biblioteca de Ferrol. E dei en lelo, moi atentamente, a miña curiosidade é inifinita. E fiquei moi sorprendido e amolado. Se un bota unha ollada atopa unha conpeción do libro galego de esmola, á mesma altura que dun xénero literario, coma se en galego non foramos quen de atender xéneros literarios diversos. A verdade é que esta concepción do libro galego produce algo máis que mágoa, unha fonda tristura e rebento de indignación, que estamos no século XXI. Aínda que, ao que se ve, queda xente ancorada no XIX…

Porén iso non é todo, que vai ser! Porque non se trata de descoñecemento da realidade literaria galega. Non. Que tampouco é tan idfícil estar ao día e nunha Biblioteca iso é imprescindíbel. Mais non, xa digo que non. Aquí, no fondo e non tan fondo, é doado percicbir unha intencionalidade política evidente. E, se o anterior era gravísimo, isto non o é menos. A lectura educa, conforma a maneira de pensar e ser, polo tanto quen selecciona debe facelo con sumo coidado, neutralidade política e coñecemento literario. Cousa que non non se dá no caso do que escribimos. Coidado non houbo ningún (tampouco observo que haxa coñecmento da realidade literaria en castelán); neutralidade tampouco hai (todo o contrario, un notorio desprezo polo libro galego) e o coñecemento literario xa nin o comentamos.

Boten vostedes unha ollada.No libro galego hai un só exemplar de Galaxia ou Xerais, e porque foron premiados nalgún certame. Coma se fóra dos premios non houbera ne galego literatura excelente! Aída estou por sospeitar que se non houbera eses premios tampouco habería ningún título desas dúas editoras, porque o resto son editoras – moi respetébeis, ás que admiro e das que non podo escribir nada, absolutamente nada, malo-, son casas editoras pequenas e seguramente descoñecidoas para a maioría de ususarios da Biblioteca non asentados na cultura galega, o cal tamén infúe á hora de seleccionar posíbel unha lectura.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.