ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xaneiro, 2015

crítica de “Instrucións para tomar café” (Manuel Núñez Singala, Galaxia)

Posted: Mércores, Xaneiro 28th, 2015 @ 7:22 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en crítica de “Instrucións para tomar café” (Manuel Núñez Singala, Galaxia)

INSTRUCIÓNS PARA VIVIR Título: Instrucións para tomar café Autor: Manuel Núñez Singala Editorial: Galaxia A xente que toma a literatura como un pasatempo é como aqueles que ven pasar o día sen saber que facer, pois todo o corpo literario, toda a herdanza literaria e todo o presente literario son auténticos manuais de vida, preciosos […]

intelixencia emocional vs intelixencia racional

Posted: Venres, Xaneiro 23rd, 2015 @ 6:20 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en intelixencia emocional vs intelixencia racional

Vén a conto da actualidade o feito de na convención do PP haxa un partado especial dedidado á intelixencia emocional. Algúns,moitos, vimos reclamando de PP e mais PSOE que potencien  a intelixenica crítica como unha forma lograr cidadans autónomos e non influenciábeis doadamente. Porén existe  a intelixencia emocional? contraponse á intelixencia racional? Beldoch, M. (1964), […]

recuperando literatura: Un último destino

Posted: Xoves, Xaneiro 22nd, 2015 @ 9:47 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: Un último destino

CITA; DESPEDIDA E CONFIRMACIÓN? Título: Un último destino Autor: Xosé Carlos Caneiro Editorial: Galaxia O que empezou O infortunio da soidade (1992) e ía rematar con Ébora, aquela pentaloxía ( con O infortunio da soidade, Os séculos da lúa e Tal vez melancolía) prolongouse aínda até chegarmos a esta Un último destino, novela que semella […]

ditadura LVG

Posted: Mércores, Xaneiro 21st, 2015 @ 9:08 p.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en ditadura LVG

Non sei se a literatura galega terá tamén que recorrer a Europa para acadar o recoñecemento de que a súa calidade a fai merecente. Hoe un séntese orgulloso polo éxito do xeito. Orgulloso de que como galego, son herdeiro dunha tradición que entre outras cousas lega unha arte de pesca propia e específica ( polo […]

a música como salvación

Posted: Martes, Xaneiro 20th, 2015 @ 7:23 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, MÚSICA | Comentarios desactivados en a música como salvación

Algunha vez terase que estudar o mal que na mocidade fan as radiofórmulas estilo 40 Principais. Nunca os aturei. Sempe me pareceron o  colmo da bobaliconería. Nin cando era adolescente. E agora, que todas as mañás, na piscina, teño que volver aturalos, éntranme ganas de golsar. Parécenme dun mal gusto absolutamente impresentábel que pervive ao […]

feísmo e idiotez

Posted: Luns, Xaneiro 19th, 2015 @ 7:18 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en feísmo e idiotez

Na actualidade hoxe chégame varias noticias que teñen moito en común: o feísmo ideolóxico. Falo de feísmo ideolóxico porque o PP, a través da Xunta de o seu órgnao comunicante LVG ( ao que tamén se umou a RG nisto do feísmo), pretende reducir o isgnificado da palabra feísmo a ese galpón armado como se […]

o bilingüismo e a harmónica

Posted: Venres, Xaneiro 16th, 2015 @ 1:59 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o bilingüismo e a harmónica

Un artigo publicado en Galicia Ciencia devolve ao primeiro plano da actualidade a cuestión lingüística. Algúns levamos desde os anos ´70 usando argumentos moi semellantes ao que neste artigo se divulgan, non con tanta precisión, non con precisión científica, porén está máis que demostrado que desde o bilingüismo activo é moito máis sinxelo apreder unha […]

recuperando literatura: Asasinato no Consello Nacional

Posted: Xoves, Xaneiro 15th, 2015 @ 7:42 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: Asasinato no Consello Nacional

CRIME PARA O DECTIVE MÍSTICO Título: Asasinato no Consello Nacional Autor: Diego Ameixeiras Editorial: Xerais O nacionalismo é un dos temas pouco frecuentados na literatura galega. Aqueles que acusan a nosa literatura de dogmatismo, de estar ao servizo do ideario nacionalista e de serlle debedora, fano a conta de, interesadamente, non repararen neste indicio. Tanto, […]

Parga Pondal, Cabanillas e o autoodio selectivo

Posted: Mércores, Xaneiro 14th, 2015 @ 6:51 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Parga Pondal, Cabanillas e o autoodio selectivo

Se hai un nome de actualidade no día de hoxe ese é de Isidro Parga Pondal; xa non porque se escribira un libro reivindicando a súa figura e un atope artigos tan xustos e esclarecedores coma este. Xusto e esclarecedor, porque a figura de Parga Pondal é unha das máis silenciadas da cultura galega cando […]

o verdadeiro valor da microsecuencia

Posted: Martes, Xaneiro 13th, 2015 @ 7:14 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en o verdadeiro valor da microsecuencia

Na era das grandes tecnoloxías. Na era das megaconstruccións e  dos rañaceos. Na era das viaxes ao espazo. O misterio dunha pinga de orballo pode desestabilizar por completo o noso mundo coas súas crenzas, apoloxías e mitomanías. Xa o dicía o poeta do Lirismo da Natureza, xa. Van alá máis de cen anos xa. E […]