ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a morte como pasatempo

A primiera vista, o título desta anotación pode parecer de mal gusto, mesmo exaxerado. Abonda, porén, botar unha ollada ás series de tv. ou filmes para decatarnos de todo o contrario. Velaí estan os CSI, NCIS, BONES, MENTES CRIMINAIS, HOMELAND, THE KILLING, COMO DEFENDER UN ASASINO, FOREVER e un longuísimo etecétera aínda que só nos circunscribamos á máis pura das sincronías, sen necesidade de ningunha retrospección histórica que o único que faría sería confirmar que, hoxe por hoxe, no cumio da modernidade, o ser humano made in Hollywood (permítasenos esta expresión) non sabe pasar o tempo, divertirse, se non hai unha morte polo medio.

Esta masoquista necesidade da morte como motivo a partir do cal expoñer unha proposta lúdica, é típica, carcateriza os nosos días e dá conta dunha falta de imaxinación absolutamente soberbia. Porque non sempre foi así, ou polo menos non tanto. Nos contos tradicionais tamén hai morte, por suposto que si. Mais non en tamaña cantidade ou non en cantidade tan significativa.

Se cadra non podemos facer nada por evitar semellante invasión de ludismo tanatorio. Porén, como mínimo non podemos evitar unha reflexión sobre o asunto. E, se a facemos, igual cambiamos de opinión e deixamos de  facerlle caso a semellante desfile de formas de morrer, porque pasar o tempo coa morte non deixa de ser unha violentación da vida, unha especie de masoquismo estúpido. E igual as cousas dan en ir mudando.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.