ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o bilingüismo e a harmónica

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,LINGUA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 16 Xaneiro 2015 @ 1:59 p.m.

Un artigo publicado en Galicia Ciencia devolve ao primeiro plano da actualidade a cuestión lingüística. Algúns levamos desde os anos ´70 usando argumentos moi semellantes ao que neste artigo se divulgan, non con tanta precisión, non con precisión científica, porén está máis que demostrado que desde o bilingüismo activo é moito máis sinxelo apreder unha terceira, unha cuarta, calquera outra lingua. Resulta sinxelo de explicar: cando na cabeza tes dúas solucións expresivas diferentes para unha mesma realidade ( ou parecida) non te sorprendes unha terceira ou unha cuarta (poñen vostedes o que estimen) senón que entra a formar parte da variedade expresiva que posúes.

Noten vostedes que salientei as palabra activo e variedade, contrarias a pasivo ( quen sabe, ou cre que sabe, pero non exerce o bilingüismo senón que usa mairitariamente só unha lingua) e variedade, palabra contraria a uniformidade.

Nótese tamén que o artigo parte dunha investigación feita para promocionar o inglés, non o facemos nós, galegos conscientes, para defendernos de Galicia Bilingüe ou dos ataques da Xunta da Galiza Feixoana. Ambos e dous seguirán a ignorar a forza dos argumentos a prol do galego como lingua activa simplemente para xustificar o inxustificábel: a burramia que está detrás do pailanismo odiante do galego; porque é iso: puro pailanismo, puro odio, pura burramia como cobertura dunhs escolla lingüística reducionista e alleante.

Outra cousa é saber que fará a DXPL. Imaxinamos que nada. cando debera reproducir o artigo e envialo a cada familia con fillos en idade escolar ou prescolar. Simplemente iso, enviárlleo e que els tomen decisión ao respecto.

Non abonda con saber tocar a harmónica, se aademais sabes gaita vaiche ser máis doado aprender outro instrumento porque as conexións neuronais son máis efectivas.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.