ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

feísmo e idiotez

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 19 Xaneiro 2015 @ 7:18 p.m.

Na actualidade hoxe chégame varias noticias que teñen moito en común: o feísmo ideolóxico. Falo de feísmo ideolóxico porque o PP, a través da Xunta de o seu órgnao comunicante LVG ( ao que tamén se umou a RG nisto do feísmo), pretende reducir o isgnificado da palabra feísmo a ese galpón armado como se puido con catro cachivaches recilados ou a esa casa que quedou sen recebar e pintar.

E non é xuto, a palabra feísmo tamén resulta aplicábel a outros aspectos da realidade moi pouco do gusto do PP e da Xunta ppeppeira. Un deles, por exemplo, é feito de gastar 250.000 euros na reprodución dun castro tendo outro a carón e desatendido por carencia de orzamento. E é que xa cómpre ser imbécil total para promover un sucedáneo tendo o orixinal ao lado. O tipo este, alcalde de Celanova, é dos que prefiren unha mala reprodución da Mona Lisa antes que o cadro orixinal. Cómpre ser así de idiota ou do PP.

Disimúlese a animosidade. É que un pensa que chegaron ao colmo do ridiculismo e non fan máis que ampliar o teito de estupidez de que son capaces. Non abondaba con que Feixó non soubera porque as vacas levan nome de muller, por exemplo. Nada menos ca Feixó. Agora veñen co feito que acabo de aludir. E non só.

Non é que nin se deran por aludidos a raíz do artigo de Galicia Ciencia, se cadra é máis ben por iso. Fállalles a mielina, a substancia que funciona como neurotrasmisor. Porque veñen de convocar, a través da Fundación Cela, un concuros literario só en español.

Volvendo ao de antes, a ver cando a cidadanía se decata de que estes badulaques non teñen mielina nin para atar os cordóns dos zapatos!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.