ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a música como salvación

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,LINGUA,MÚSICA — 20 Xaneiro 2015 @ 7:23 p.m.

Algunha vez terase que estudar o mal que na mocidade fan as radiofórmulas estilo 40 Principais. Nunca os aturei. Sempe me pareceron o  colmo da bobaliconería. Nin cando era adolescente. E agora, que todas as mañás, na piscina, teño que volver aturalos, éntranme ganas de golsar. Parécenme dun mal gusto absolutamente impresentábel que pervive ao longo das décadas como saramagos de raíz autopropulsora, que abomina e esquece intencionadamente as linguas cooficiais, que alucina con cada couiña cantada en inglés de de nome raro (  emais de é dalgún imberbe).

É o fenómeno “maisntream”, esa cousa que che di que es un bicho raro senón partillas os gustos do que se baila en todas as pistas. Un bicho raro, e mesmo che fan tamén chegar á conclusión de que odias a música.

É entón cando chega  a lembranza dos veráns nos que o meu fillo e mais eu percorremos case todos os festivais que hai na Galiza, festivais de música galega, claro. Ou cando, cantos anos van xa e segue igual de patente na miña cabeza, percorremos todo o ancho da Península ao son de Sés. E é cando lembro que teño un fillo “furancheiro”, que deixa o que sexa para escoitar “O Futrancho”. Só entón concibo a música como salvación, como salvación do mar de merda onde ao que o capitalismo e o centralismo nos teñen condenados.

Porque, malia os 40 Principais e toda esa canallada que nos asolaga a vida, existe a música como salvación, a música na túa lingua, a música libre,  a música indómita e verdadeira.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.