ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

ditadura LVG

Filed under: CARA ADIANTE,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 21 Xaneiro 2015 @ 9:08 p.m.

Non sei se a literatura galega terá tamén que recorrer a Europa para acadar o recoñecemento de que a súa calidade a fai merecente. Hoe un séntese orgulloso polo éxito do xeito. Orgulloso de que como galego, son herdeiro dunha tradición que entre outras cousas lega unha arte de pesca propia e específica ( polo que eu sei) desta parte do mundo. Igual que o peito se me enche de fachenda cando teño que falar da literatura galega; hai vinte anos ninguén diría que había chegar onde chegou. E todo iso tendo en contra a propia administración, a Xunta de Galicia para sermos claros, e o seu voceiro parroquial La Voz de Galicia. Se por eles fora o xeito desaparecería do mapa igual que teñen desaparecida á literatura/cultura galega.

Porque é que a confabulación destapada pola xuíza De Lara, a “conxura” e sobre todo a información mentireira, inveraz pode estenderse ao conxutno de Galiza. Nesta mesma bitácora poden vostedes consultar un informe sobre a censura en LVG, día a día, durante un ano. Non é novo.Non para quen siga a actualidade de xeito desapaixonado e crítico. De feito non creo esaxerar nada cando digo que un dos principais inimigos de Galiza é LVG.

O de LVG é pura ditadura ao servizo do PP e da Xunta do PP. Na memoria están aínda os “mojitos” e a cruzada contra o bipartito. Pura ditadura, por iso a conxura, a confabulación a información inveraz cando se tiñan os intrumentos precisos para dar a luz unha información radiclamente oposta pero que non conviña a determinados intereses de xente con intereses ( e perdoen a redundancia) en LVG ten moito valor. Porque supoño que ninguén caulificará de exaltada á xuíza.

Sigo soñando cun futuro onde non existe LVG. Non é utopía. De non ser polo chorreo de millóns que feixó lles meteu no peto…igual falariamos doutra cousa.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.