ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

intelixencia emocional vs intelixencia racional

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 23 Xaneiro 2015 @ 6:20 p.m.

Vén a conto da actualidade o feito de na convención do PP haxa un partado especial dedidado á intelixencia emocional. Algúns,moitos, vimos reclamando de PP e mais PSOE que potencien  a intelixenica crítica como unha forma lograr cidadans autónomos e non influenciábeis doadamente. Porén existe  a intelixencia emocional? contraponse á intelixencia racional?

Beldoch, M. (1964), Sensitivity to expression of emotional meaning in three modes of communication, in J. R. Davitz et al., The Communication of Emotional Meaning e Leuner, B. (1966). Emotional intelligence and emancipation. Praxis der Kinderpsychologie und Kinderpsychiatrie utilizaron o concepto xa nos anos 60. Anteriormente Robert L. Thorndike, en 1920, utilizou o término intelixencia social para describir a habilidade de comprender e motivar a outras persoas. En 1940, David Wechsler describiu a influencia de factores non intelectivos sobre o comportamento intelixente.

A intelixencia emocioan utilizámola todos para expresar emocións, entder os demais e utilizar esta información para gobernar a nosa vida. Volve xurdir a pregunta: pode poñers e intelixencia amocional de par da intelixencia crítica?

Cómpe indicar que a intelixencia emociona se dirixe a aspectos non cognitivos e que Wayne Payne, que figura com pai da idea, estaudaba as emocións e non directamente a intelixencia. Sería Daniel Goleman quen popularizaría o término en 1995.

E debemos saber que todos a utilizamos. Non todos podemos usar a intelixencia crítica, depende da nosa cultura, mais a emocional empregámola desde cativos, ela é  a que nos guía  a existencia cando temos poucos anos.

A parte máis primitica do cerebro é o tronco encefálico, de onde parten os centros emocionais.

O procesamento das emocións é rápido e impreciso.

Inflúe directamente na capacidade de enfatizar e confiar nos demais.

Velaí razóns abondas para que o PP contemple unha palestra de intelixencia emocional na súa convención. Velaí tamén que unha contraposición a intelixencia crítica sexa pertinente e necesaria. Na intelixencia crítica son as palabras o centro da nosa actividade cerebral, as palabras e os campos semánticos propios e contrapostos que suscitan na nosa mente, as relacións sintagmáticas e paradigmáticas manifestándose á vez.

Non se pode dubidar da existencia da intelixencia emocional por moito que haxa casos de comportamento gregarista. Cando somos pequenos é a que nos informa da grei a que pertecemos, e iso é moi importante. Mais, cando somos adultos, pretender que actuemos só de acordo coa intelixencia emocional é un auténtico insulto á nosa capacidade cognitiva.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.