ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

nace a Asociación Galega da Crítica

Filed under: CARA ADIANTE,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 23 Febreiro 2015 @ 2:37 p.m.

Comunicado de prensa íntegro:Tras a celebración dunha asemblea por convocatoria aberta, o pasado venres 20 de febreiro quedou constituída na Facultade de Ciencias da Comunicación compostelá a Asociación Galega da Crítica (AGC), cuxa primeira presidenta será María Xesús Nogueira, profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. A secretaría será asumida por Isabel Mociño, especialista en literatura infantil e xuvenil da Universidade de Vigo.
A nova Asociación nace co obxectivo de intervir, desde a plena autonomía, na análise e estudo da produción literaria, artística e cultural do país e nos debates técnicos arredor dese campo, incluídos factores como as prácticas de lectura e consumo e a institucionalización culturais. A AGC tratará asemade de contribuír á proxección e internacionalización da produción artística e literaria galega. Estabelecerá ademais as oportunas relacións con entidades
homólogas nos espazos ibérico, europeo e atlántico, así como con
organizacións de escritores, artistas plásticos e visuais e coas esferas do teatroe da cinematografía galegas.
Os promotores declaran así mesmo como prioridade a incorporación á AGCdos críticos e críticas que na actualidade exercen o seu traballo tanto no ámbito académico como xornalístico, con independencia de que o fagan en medios impresos ou electrónicos. A asemblea fundacional declarou igualmente a importancia de pular pola integración na Asociación das persoas novas que do modo que sexa están a desenvolver tarefas críticas na esfera pública.
En Santiago de Compostela, o 24 de febreiro de 2015.

Logo dunha xeira preliminar baixo o amparo da AELG os crítcos e críticas da Sección de Crítica da AELG decidimos dar un paso adiante e constituír a  Asociaicón Galega da Crítica nos termos que ben se expresan no comunicado de prensa. Cómpre salientar, iso si, que non se trata de ningunha escisión ou ruptura no seo da AELG pois os que así o desexemos seguiremos formando parte da AELG. Non se trata de partir leiras senón de xuntar esforzos, desde a máis plena autonomía, na tarefa de facer máis grande o espazo cultural galego e de visibilizalo mellor.

Persidenta: María Xesús Nogueira
Vicepresidente: Arturo Casas
Secretaria: Isabel Mociño
Tesoureira: Inmaculada Otero Varela
Vogais: Eulalia Agrelo e Xosé Manuel Eyré

Sinalar tamén que a data de nacemento é o 20 de febreiro, non o  24 (data da nota de prensa) como se pode ler nalgún medio que tivo a a ben recoller a nova.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.