ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Marzo, 2015

recuperando literatura: ” Rúa da cancela” ( Eli Ríos & Eduardo Estévez, Caldeirón)

Posted: Xoves, Marzo 26th, 2015 @ 7:40 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en recuperando literatura: ” Rúa da cancela” ( Eli Ríos & Eduardo Estévez, Caldeirón)

CONTACTO QUENTE NA POESÍA Título: Rúa da cancela Autores: Eli Ríos & Eduardo Estévez Editorial: Caldeirón Se e narrativa erótica non é precisamente frecuente fóra do premio que convoca Positivas, outro tanto cabe dicir da poesía erótica fóra do premio Illas Sisargas. Malia que difícilmente de poden concebir poesía ou narrativa exentas de erotismo. E […]

crítica de “Celebración” ( Gonzalo Hermo, Apiario)

Posted: Martes, Marzo 24th, 2015 @ 9:29 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de “Celebración” ( Gonzalo Hermo, Apiario)

POESÍA INTERPOLADA Título: Celebración Autor: Gonzalo Hermo Editorial: Apiario Como un crack, algo, sempre é necesario porque nada existe sen principio. Inclusivemente esta crónica libresca dun poemario nada doado de esquecer a causa do insólito clima que o habita, pois, en principio, poucos títulos tan percorridos polo frío. En principio e mentres ten duración a […]

un conto: a perspectiva necesaria

Posted: Xoves, Marzo 19th, 2015 @ 6:54 p.m. in CARA ADIANTE, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en un conto: a perspectiva necesaria

Este conto, breve e substancioso, escoiteino hoxe, gustoume, e velaí volo reconto porque pon moi ben de manifesto que as cousas son o que son só desde determinada perspectiva: Seica unha vez había un home que non oía nada ben, e deulle por ir a un mitín deses nos que os mitineiros prometen e prometen […]

o poema roubado

Posted: Mércores, Marzo 18th, 2015 @ 7:01 p.m. in CARA ADIANTE, CRÓNICA DA CRÍTICA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en o poema roubado

A) O POEMA Cerebro              despois do crac              contra a saudade              mugo  musgo Grao límite de frío Na memoria   É difícil O Páramo   Non sabemos aínda Faláronnos do sur   Este é o rostro Oio a voz. Oio a voz A carne Calquera cousa   Freixo negro Non haberá   Tes […]

Ministerio do Tempo Permitido

Posted: Xoves, Marzo 12th, 2015 @ 7:01 p.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, sétima arte | Comentarios desactivados en Ministerio do Tempo Permitido

Son tantos os intereses, a redor do desmantelamento da Recuperación da Memoria Histórica, que a un xa lle cheira a can a programación de ficcións televisivas que veñen deixar como mensaxe: “todo foi como foi e non puido ser mellor”. Desde aquela que tiña como obxectivo a fugura de Viriato, pasando pola intermínábel Cuéntame e […]

crítica de “Antípodas” (Xosé Vázquez Pintor, Xerais)

Posted: Martes, Marzo 10th, 2015 @ 9:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de “Antípodas” (Xosé Vázquez Pintor, Xerais)

NOS ANTÍPODAS DUN XÉNERO E AS INTEMPERIES Título: Antípodas Autor: Xosé Vázquez Pintor Editorial: Xerais Defínese xeralmente a novela como un xénero literario narrativo que conta sucesos reais ou ficticios e está dotada dunha certa extensión; tense falado de 30.000 palabras ou 100 páxinas, que vén sendo o mesmo.Nesta defición falta, porén, un concepto clave: […]

suliñados de “Antípodas” ( Xosé Vázquez Pintor)

Posted: Venres, Marzo 6th, 2015 @ 9:39 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Os fillos de ninguén de ningures teñen a matria sempre na memoria. Cando a patria se encrequena e tamboril afronte aos sucesivos agasallos, despois de se entregar en tempo e para sempre, xorden as crianzas para o rescate (11) ………………………………………………………………………………………………………………………….. -Disme a túa hora, Plinio? -Son as seis. -Non mintas, son as sete e media. […]

recuperando literatura: Dragal & A cripta do Apóstolo

Posted: Xoves, Marzo 5th, 2015 @ 7:32 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: Dragal & A cripta do Apóstolo

Hoxe toca recuperar estas dúas lecturas para moz@s, de Elena Gallego e Pere Tobaruela, que aínda seguen a deparar boas sesións de lectura entre os adolescentes: Títulos: Dragal / A cripta do apóstolo Autores: Elena Gallego Abad / Pere Tobaruela Editorial: Xerais Seleccionamos hoxe estas dúas lecturas porque nunca cómpre perder a pista do xénero […]

esquezo inmediato e segundas lecturas

Posted: Martes, Marzo 3rd, 2015 @ 2:35 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en esquezo inmediato e segundas lecturas

Non é a primeira vez que nesta Ferradura nos referims ao esquezo inmediato como unha das características da literatura, sobre todo da narrativa. O feito de que cando se recomeza unha lectura, na segunda sesión lectora, pouco ou nada é que se lembra da primeira, de xeito que a lectura se convirte nun avanzar ás […]