ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

esquezo inmediato e segundas lecturas

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CARA ADIANTE — 3 Marzo 2015 @ 2:35 p.m.

Non é a primeira vez que nesta Ferradura nos referims ao esquezo inmediato como unha das características da literatura, sobre todo da narrativa. O feito de que cando se recomeza unha lectura, na segunda sesión lectora, pouco ou nada é que se lembra da primeira, de xeito que a lectura se convirte nun avanzar ás cegas fiados no bo facer do narrador, no pracer que constitúe o feito de sentirnos na súa compaña porque o fío argumental practicamente non existe, non existe ou áchase elevado a tal grao que fai imposíbel que o lector o constrúa pola súa propia iniciativa.

Porén, xa máis que unha característica puramente literaria pasa a ser un dos feitos que caracterizan o noso mudo narrador, que é máis amplo que a narrativa en si. Como exemplo vexan vostedes a cantidade de veces que se repiten capítulos dunha mesma serie televisiva, e a  xente continúa a miralos, non os desbota como algo xa feito. Series de todos os estilos, desde as cómicas, onde estaría xustificada, até certo punto, a súa revisión, a outras que podemos denominar de investigación, policiais, de misterio e mesmo de terror. Non se ven como a primeira vez, é certo, mais case, é moi pouca a diferenza, tan pequena que anima a non mudar de canle.

Por suposto, isto ten que ver pouco coas segundas lecturas. Nun primeiro momento poderíase pensar que o esquezo inmediato obriga posteriores lecturas que clarifiquen o fío argumental. Mais como este non existe, as segundas lecturas pouco ou nada se diferencian das primeiras, pois estas – das que se di que descobren novos ángulos lectores, diferentes implicacións, revalorizan subtemas, axudan a clarificar intencións autoriais intermedias etc- continúan a expoñer interrelacións tan varidas, tan incomexas ou en tanta maneira diversificadas que fan imposíbel o sentido unitario do relato.

Semprepoño como exemplo, Periferia ( Iolanda Zúniga) e Concubinas ( Inma López Silva) aínda que podían ser moitas máis.

Agora, a pregunta é: a onde nos levara este esquezo inmediato que xa se manifesta fóra da literatura, en calquera modalidade narradora?

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.