ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Ministerio do Tempo Permitido

Filed under: CARA ADIANTE,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA,sétima arte — 12 Marzo 2015 @ 7:01 p.m.

Son tantos os intereses, a redor do desmantelamento da Recuperación da Memoria Histórica, que a un xa lle cheira a can a programación de ficcións televisivas que veñen deixar como mensaxe: “todo foi como foi e non puido ser mellor”. Desde aquela que tiña como obxectivo a fugura de Viriato, pasando pola intermínábel Cuéntame e continuando con Isabel, os produtos da ficción española, tanto ten a canle ou grupo mediático, parecen todos encamiñados na mesma dirección. Até chegar a El Ministerio del Tiempo, esa caste entre Stargate mais só con posibilidade de acceder ao pasado, de viaxes ao pasado coa finalidade de evitar que nada alterara a cadea de acontecementos históricos.

Para o cal é necesario que exista unha cadea de feitos históricos fixa e intocábel. Ou non, xa a propia serie se encarga de fixar esa sucesión de avcontecmeentos. Nin que dicir ten que para tal efecto necesita silenciar outros. A un xa lle gustaría ver como tratan o tema da Irmandiñada, primeira guerra europea con armas de fogo, mais seguro que a silencian, non é do seu interese como tampouco o han ser os 100.000 fillos de San Luís, por poñer dous exemplos.

Non deixa de ser curioso que, dando por feito que España existe desde a Reconquista, esteamos en pleno século XXI asistindo á consolidación da España Histórica desde a ficción épica. Non deixa de ser curioso que as nacións medievais o fixeran desde a poesía épica do momento. Ou que os USA leven todo  o século XX e XXI tratando de ocnvencernos que eles son quen de loitar contra quen sexa, deste ou doutro mundo,e vencer.

Logo, a realidade é moi teimuda e faise difícil atopar un conflito bélico do que saíran airosos. Mais a realidade importa pouco. Todo sexa por manternos entretidos coa seguranza de que andar revolvendo no que xa foi non ten sentido porque non puido pasar mellor. Todo sexa por manter o carisma do Tío Sam.

A todos os que aínda hoxe pretenden restablecer e dignificar socialmente a memoria dos seus mortos -non esquezamos que loitaban pola República legal e lexitimamente establecida-, a todos eses inconformistas…que lles dean, ou que lles vaian dando…todo é cousa de que pase un pouco tempo máis.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.